Actualidade 19 setembro 2007
Concello de Cotobade; promesas, política e mentiras.
Todos e todas sabemos que as promesas electorais non son nada novo, e refírome ao seu incumprimento, que adoita ser algo normal pasados os comicios e a presa por acada-lo voto dos veciños, ésta historia ben poderia ser unha de tantas que abundan nos nosos povos e vilas, pero penso que non é o caso, e que ata me atreveria a asegurar que raia o absurdo.
No dia de onte, un amigo e veciño do lugar de Parada, pertencente á parroquia de Tenorio, término municipal de Cotobade (Pontevedra), púñame ao tanto das reclamacións, penso que xustas, que fixeran os veciños ao Concello de Cotobade (PSG-BNG) antes dos pasados comicios municipais e que apareceu publicado no Diario de Pontevedar, éstes solicitaran do governo local un parque infantil asi como unha limpeza viaria dos arcéns e tamén do asfaltado e adecentamento dunha pista no lugar de "Casa Tellada", pois ben, polo visto as súas reclamacións foron atentidas nun primeiro momento, entendo que motivado polo achegamento da data electoral, ata alí desprazáronse os "operarios" municipais para comezar coas obras do
reclamado lugar de lecer para os cativos, que polo visto ia ser instalado perto da parada do bus que os leva para a escola, ata chegaron a delimita-lo sitio cunhas estacas, tamén apareceron por ali as brigadas de limpeza viaria dispostas a desbrozar e adecenta-las cunetas, pero despois das eleccións todos desapareceron sen deixar rastro, os veciños tamén contaban con que lles ian asfalta-la pista prometida pero de todo iso ren. O Concello non da resposta de nengún tipo ás xustas demandas dos veciños e éstes xa están fartos de agardar, eu , por propia experiencia, teño que dicir que as pistas que circundan aquel fermoso lugar a escasos 15 minutos da nosa cidade, están completamente abandonadas e todavia peor despois dos lumes do ano pasado, é máis, unha das pistas, concretamente a que leva á casa deste amigo está totalmente a escuras, e no inverno, entre a nula iluminación, a maleza e o escaso ancho da via, faise moi perigoso circular.
Agora a pelota está no tellado do Concello de Cotobade e do seu governo de coalición, os veciños e visitantes agardamos unha resposta ás demandas canto antes, alomenos antes de que cheguen as seguintes eleccións. Por certo, será casualidade ou descoido, pero na web municipal non aparece nin unha soa foto do lugar de Parada, tan abandonados están..?
chúzame -







o 2007-09-20 ás 1.24 pm 1.breogain dixo …
Aqui tedes a resposta/excusa do alcalde de Cotobade no diario de hoxe, non tardou nin dous dias en replica-lo artigo que saiu no diario de Pontevedra do mércores, a ver logo se espabilan e acometen dunha vez eses prometidos arranxos no lugar de Parada, e logo non queren que a xente marche de rural para as cidades…
http://www.diariodepontevedra.com/noticia.asp?noticia=18047&tipo=p