Cargando...

Actualidade 1 outubro 2007

Elnosa, un perigo latente.

 

Elnosa supera os niveis máximos de mercurio recomendados pola O.M.S.

Un recente estudo encargado polo departamento de Enxeñeria Xeolóxica e Mineira da Universidade de "Castilla la Mancha" afirma que, a planta electroquímica situada ao carón da nosa cidade, emite uns niveis de mercurio a atmósfera superiores aos recomendados pola Organización Mundial da Saúde. Este estudo foi encargado pola Asociación Ecoloxistas en Acción e demostra claramente que a fábrica situada ao carón da fabrica pasteira de Celulosa é un perigo de gran magnitude, tanto para a ria coma para a saúde dos pontevedreses e pontevedresas, os datos recabados indican un nivel  de 1244 nanogramos por metro cúbico de aire cando o recomendado, a falta dunha lexislación concreta, son os 1000 nanogramos por metro cúbico de aire, a Axencia de Protección do Medio Ambiente dos Estados Unidos de Norteamérica é máis restrictiva e rebaixa esa cifra aos 300 nanogramos.

Por último, indican tamén neste informe, que os datos foron recollidos no exterior e os arredores da planta e que posiblemente no interior da mesma os niveis poidan chegar a ser altamente perigosos. Certamente de todos é coñecido o perigo potencial que corremos os veciños de Pontevedra e bisbarra ao ter semellante bomba ao noso carón, que no caso de ter unha fuga importante, -xa houbo varias pero polo visto de escasa relevancia- apenas teriamos tempo e medios para protexernos, agardemos que antes do 2018 ámbalas dúas factorias se vaian daquela ubicación, pola nosa saúde e pola nosa integridade física tamén.

Chuzame! chúzame -

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.