Deportes 22 setembro 2007
VII Subida á Escusa (Poio), xa quentamos motores !!
Pois nada, xa está aqui un ano máis unha das probas automobilísticas que máis xente congrega nos arredores da nosa cidade, remata o verán e despois de desfrutar coa subida ao Campiño agora toca a proba no veciño concello de Poio, supoño que as verificacións serán coma o ano pasado na explanada da Seca, e a proba o domingo pola mañá ben cedo. Eu para non variar, madrugarei e irei cun par de colegas ben cedo a mira-las máquinas e a ver que tal se lles da este ano aos M3 portugueses (que sempre son un espectáculo), aos Mitsubishi Evo e ás barquetas.
Cheiro a goma queimada, a queroseno, gasolina, e os berros dos afeccionados enfervorizados ao redor, isto non é a Formula 1, isto son os rallies, o deporte nacional galego.
chúzame -






