Caixón de xastre 28 Setembro 2007
O feismo urbanístico tamén é cousa do Estado.
Agora que está tan de actualidade o tema do feismo urbanísitico na costa,- tanto na galega coma na española- polas barbaridades feitas por parte das constructoras, dos particulares ou mesmo dos concellos, non está de máis lembrarlle aos que nos governan e aos que tanto se desviven por nós, que cando rematen as "actuacións", "intervencións" ou sinxelamente, as obras públicas de calqueira tipo, que os inmensos carteis que enchen as nosas vilas e cidades xa non teñen sentido ningún, somentes o de afear e molestar, non estaria de máis que fixeran unha campaña de retirada de toda esta inmensa carteleria e que reciclaran todas esas toneladas de metal.
As fotos saqueinas en Pragueira (Sanxenxo), no derradeiro dia de praia que tiven este verán, é unha verdadeira mágoa querer desfrutar dunha posta de sol e atopar este "mamotreto" no medio e medio, agardo que para o vindeiro verán xa esté retirado.
chuzame -







o 2007-09-29 ás 3.25 pm 1.Suevo dixo …
Toda a razón, danse moita prisa en pór os mega-cartelóns eses pero despois pasan como a merda á hora de quitalos
o 2007-09-30 ás 9.06 pm 2.breogain dixo …
o da carteleria publicitaria de obras e demais é un feito que levamos sufrindo anos e anos, está moi ben que os coloquen cando executan as obras porque hai que facer publicidade do orzamento da obra, da constructora que a executa e tamén do organismo competente que a adxudicou, pero unha vez feita, e nalgúns casos, de moitos anos, penso eu que deberian de retiralos, posto que xa non teñen obxecto ningún, somentes o de molestar, paréceme moi triste ter carteis deses por doquier, algúns de dimensións moi importantes.
un saúdo suevo.
o 2007-10-01 ás 3.31 pm 3.F. Miguez dixo …
Totalmente de acordo. Pero ademáis dos carteis, hai verdadeiras animaladas urbanísticas, arquitectónicas e paisaxísticas (a veces vendidas como actuacións ambientais) feitas polas administracións, e a veces co a sinatura de arquitectos de moita pompa.
E contra iso, non hai lei que se faga valer.