Actualidade 28 Maio 2007
Onte habia que votar.
Noite electoral en Pontevedra, os colexios pechaban ás nove da noite, a policia local e nacional se retiraba, se recollian cabinas, mesas coas papeletas, aparecia algún despistado de última hora que, botaba unha carreira para chegar á mesa, os presidentes das mesmas daban por rematado o momento das votacións, pero outro moi importante estaba a comezar, aquel no que comezaba o reconto dos votos, caras de resignación, a que hora sairemos..? as paleletas van pasando unha a unha, apuntamentos nas libretas e presa por rematar canto antes, cansanzo nas caras e nos corpos, maldita a hora na que me tocou vir aqui, a perde-lo domingo sentado nesta cadeira. Pasan unhas horas e os primeiros dados van aparecendo nas televisións, chegan tamén ás rádios que como o de Cadena S.E.R. de Pontevedra non somentes fixo unha programación especial, senón que deixou aos ouvintes de Máxima F.M. sen a súa musica por unhas horas ao coller o seu dial na F.M. , os xornais mañán contarán todo o acontecido, as subas e mailas baixas, os escanos, os descalabros (que os hai), os vencedores e os vencidos...
Eu coma sempre fun a votar pola mañá cedo, pasei o dia tranquilo, tomei unha cervexa pola tarde cós amigos e comentamo-lo tema obrigado...o Lores qué ? buff, non sei, palma seguro, pero ogallá o Telmo non saia, en fin, un construtor de alcalde non che é boa cousa...ao final máis do mesmo, segundo dixo Teresa Casal, haberá contactos nos vindeiros dias, acordo de governo "de progreso", quén sabe, agardemos que sexa polo ben da cidade, namentres o candidato do Partido Popular, o señor Telmo Martin, promete guerra, "Ten que governar a lista máis votada" dixit.
Por certo, o Partido Popular de Louzán conseguiu outra vez a Deputación de Pontevedra, estivo na corda frouxa pero...
Saúdos
chuzame -







o 2007-05-28 ás 8.40 pm 1.undala dixo …
Non estou dacordo con eso de que existan vencedores e vencidos, so hai que ver a prensa do luns, nunca nadie perde neste país .. bueno casi nadie
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=471&idNoticia=171197
De todas formas a política é así.. non sirve para nada hoxe en día.
Está claro, por outra banda, que publicando en blogaliza a opinión exposta e “obxetivamente obxetiva” e nada partidista.
Son todos unha banda.. da igual as cores..
o 2007-05-29 ás 12.20 am 2.Zyrtec dixo …
De acordo con Teresa de que debe haber contactos, pero as cousas xa no están coma antes. Lores dixo que se debe reflexionar e ten razón, en política é necesaria a firmeza, pero tamén man esquerda, “sostenella e no enmendalla” a o fin ven a dar estes froitos.