Cargando...

Deportes 25 Setembro 2007

Magnífico papel do Karpin-Galicia na “Vuelta ciclista a España 07″

Hai uns dias que rematou en Madrid "La vuelta ciclista a España", e o deporte galego ten que estar de noraboa, o equipo profesional galego de ciclismo, o Karpin-Galicia rematou en séptimo lugar por equipos e o corredor Ezequiel Mosquera quinto na xeral individual, tendo en conta que de Vigo partiron nin máis nin menos que 21 equipos, dos máis punteiros do panorama, de que esta era a primeira participación nesta grande cita por etapas e de que o cadro ciclista galego ten unha andaina relativamente curta polo de agora, no podemos máis que estar orgullosos do papel feito polos corredores e o equipo técnico, que mantiveron a nosa atención ao longo de varias semanas e que levaron o nome de Galicia e do noso deporte por todo o Estado. Os meus parabéns a todo o cadro técnico, especialmente Álvaro Pino, ao que tiven a honra de coñecer, e a tódolos corredores do Karpin-Galicia, a seguir asi por moito tempo.

Chuzame! chuzame -

5 comentarios a “Magnífico papel do Karpin-Galicia na “Vuelta ciclista a España 07″”

  1. o 2007-09-25 ás 8.56 pm 1.Brugal con Cola dixo …

    Buena actuación sin duda, quizás faltó lo más importante, o sea, una victoria de etapa.

    Me parece que con el tiempo, el Karpin se convertirá en un equipo tipo Kelme, atacante en montaña y animando las carreras.

    Saludos

  2. o 2007-09-26 ás 9.45 am 2.F. Miguez dixo …

    Tes razón, o máis abraiante é o nivel que acadron en tan pouco tempo. A ver si en Galicia estes deportes “minoritarios” como o ciclismo, o triatlón, etc. empezan a recibir un impulso por parte da sociedade.
    E, por certo, ¡Oscar Pereiro campión do Tour 2006! Bágoa de lio xudicial, que o embafou un pouco, porque sí podemos sentirnos orgullosos dos deportistas galegos.

  3. o 2007-09-26 ás 10.14 am 3.Andrés Milleiro dixo …

    O Domingo había ao menos un pontevedrés na chegada na Cibeles ;)

  4. o 2007-09-26 ás 1.30 pm 4.Sísar dixo …

    El Karpin tiene muy buen equipo y faltaron grandes corredores en la ronda española, como Isidro Nozal.

    Pino es el único que ha tirado de nuestra cantera y a él le debemos el paso a profesionales de Pereiro que se lo llevó para el Phonak cuando era el director deportivo.

    Es una pena que gente como Mosquera tenga que esperar hasta los 30 para dar el salto a profesionales porque no hay nadie dispuesto a darle una oportunidad. Que siga así y continue sacando corredores gallegos que han demostrado con creces que se adaptan muy bien al salto a profesionales. Ver a David García de Marín que ha quedado de 23.

  5. o 2007-09-26 ás 3.41 pm 5.breogain dixo …

    Para min, como afeccionado ao ciclismo dende hai moitos anos foi unha grande satisfacción saber que o Karpin-Galicia ficou séptimo na xeral por equipos e que un dos seus corredores obtivo un quinto posto na xeral individual, moitos coma min levábamos anos e anos arelando un equipo profesional galego, xa que aqui temos unha boa canteira, non hai máis que mirar ao Super FROIZ que ven pegando moi forte e todos sabemos que é ou poderá ser a canteira do Karpin Galicia, ogallá a cousa mellore e vaia a mellor, seria unha boa cousa leva-la cores da nosa terra e o noso deporte o máis alto e lonxe posible, iso tamén animaria a máis e máis rapaces a practica-lo deporte.

    E fálavos un afeccionado ao mountain-bike que nunca practico “estrada”, pero que se enganchou á televisión con Induráin, coma case todos e todas.

    Saúdos

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.