Actualidade 26 Setembro 2007
“Construcuatro” investigada pola Conselleria de Vivenda.
Leo na edición dixital do Diario de Pontevedra e da Voz de Galicia, que a constructora pontevedresa cooparticipada polo voceiro da oposición no Concello de Pontevedra, o señor Telmo Martin (Partido Popular), está sendo investigada pola Conselleria de Vivenda da Xunta de Galiza por mór dunhas denuncias de varios interesados en facerse cunhas vivendas de protección oficial nunha promoción en San Paio de Navia (Vigo), polo visto Construcuatro lles solicitaba entre 21.000 e 33.000 euros en diñeiro negro (tamén chamado B) antes de asina-lo contrato de compra-venda, algo que todos sabemos que adoita ser cotián na vivenda libre, pero que na vivenda de protección oficial tamén acontece polo visto, outra cousa é demostralo, coma os incendios do verán pasado.
Estaremos atentos ás novas que vaian xurdindo estes dias nos xornais e radios de Pontevedra.
chuzame -







o 2007-09-26 ás 3.35 pm 1.Andrés Milleiro dixo …
lástima de bois.
o 2007-09-27 ás 5.20 pm 2.Brugal con Cola dixo …
QUe investiguen me parece perfecto. Y si es culpable que pague por ello.
NO a la corrupción, ni al ladrillazo.
o 2007-09-28 ás 12.30 am 3.breogain dixo …
o tema das entregas en diñeiro B ou negro, como prefira a xente, non é nada novo, a quén non llo pediron algunha vez cando se foi a interesar polo prezo dunha vivenda, no mercado da vivenda libre iso acontece dende hai moitos anos, no tema da vivenda de promoción autonómica ou oficial xa é outra cousa, pero como supoño que os constructores non han querer gañar menos con elas, pois ésta práctica é igualmente empregada. Está ben que investiguen a Telmo Martin e a cantos haberá por ahí metidos no allo, contra a corrupción, man dura por parte da administración, está claro.
un saúdo
o 2007-09-29 ás 9.02 pm 4.Sísar dixo …
A Telmo Martín no lo están investigando por este suceso que quede claro. Salió en la prensa las iniciales J.T. Nadie está libre de que alguien en una empresa haga una fechoría y si es así hay que perseguirlo hasta el final. Pero de ahí a decir que están investigando a Telmo hay un trecho, ya que él ahora mismo no tiene labores ejecutivas que sí las tiene el hermano de Luciano Sobral, alcalde de Poio.
o 2007-09-30 ás 9.03 pm 5.breogain dixo …
O feito de que o irmán de Luciano Sobral é tamén socio na constructora seino, o señor Telmo Martin é posible que non teña agora mesmo labores executivas como ti dis na empresa, pero segue a ser socio e nun pasado non moi lonxano si tiña responsabilidades, todos sabemos, é ti Sisar supoño que tamén, non mo negarás, que o feito de que se paguen as entradas para a compra de vivendas con diñeiro B é un feito, outra cousa é que se poida probar, pero alomenos se investiga, e iso paréceme perfecto, repito, é cousa de tódalas constructoras, ou alomenos a meirande parte.
un saúdo.