Deportes 28 maio 2007
O Córdoba será o rival do Pontevedra C.F.
Cando son as catro e dez da tarde, o Pontevedra C.F. xa ten rival para o primeiro partido da fase de ascenso a 2ª División, o Córdoba C.F. , o partido será o dia 3 de Xuño ás 20:00 (confirmado) no estádio do "Arcangel" de Córdoba, o partido de volta será o vindeiro dia 10 de Xuño en Pasarón, no caso de que os granates pasen a eliminatória xogaremos contra o gañador do Huesca-Palencia, pero iso xa é outra história, agora o importante é o primeiro partido este fin de semana, esta información foi por xentileza do foro www.pontevedracf.net e grazas á retransmisión en directo de Ramón Mella, de S.E.R. Pontevedra.
É de supoñer que a Federazón de peñas comezará hoxe mesmo a organiza-la viaxe dos siareiros granates á cidade andaluza, asi que, se precisades máis información pois podédela obter na web oficial www.pontevedracf.com ou no foro de www.pontevedracf.net .

chúzame -







o 2007-05-28 ás 8.42 pm 1.undala dixo …
Aupa!! Pontevedra!!! Con sorte o ano que ven vemos partidos co Celta e a Real, ainda que a salvar que se salve a Real ¿non?
o 2007-05-30 ás 3.41 am 2.GRANATE_87 dixo …
Non temos que ter medo,se xogamos coma nestes últimos partidos desde a chegada de Javi Gracia e coa afición sendo o xogador número 12,ascenderemos!!
FORZA PONTE!!
Unha aperta
o 2008-06-14 ás 10.58 am 3.Dil Egitimi dixo …
do you know any information about this subject in other languages?