Cargando...

Cinema e televisión 5 outubro 2007

Alemania, 17 anos despois da caida do “muro”.

O pasado dia 3 de Outubro celebrouse o 17º aniversario da reunificación das dúas Alemanias, a R.D.A. e a R.F.A., dezasete anos daquela imaxe do derribo do muro de Berlín que miramos atónitos nas nosas televisións. Na actualidade e polo que puiden ver en artigos coma o publicado en Vieiros, a masiva migración da povoación do sector oriental cara ao occidental está a provocar unha desertización e un abandono total da vella R.D.A., ademais están a abrollar infinidade de grupos ou grupúsculos neonazis e iso é motivo de fonda preocupación por parte do governo xermano. Para os que non teñades coñecemento do tema das dúas Alemanias, do muro de Berlín e concretamente da R.D.A. póñovos aqui o trailer dunha moi boa película que puiden ver hai anos, titúlase "Good bye Lenin", síntoo pero so o puiden atopar en alemán con subtítulos en inglés, a película si que a podedes atopar en castelán  no Ares ou no Emule.

Chuzame! chúzame -

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.