Cargando...

Actualidade 8 outubro 2007

Eroski e Mercadona instalaranse no concello de Poio.

Falar do "boom" urbanístico no veciño concello de Poio non é cousa nova, é innegable que a súa proximidade a Pontevedra e a súa localización privilexiada, foron as axeitadas para ver incrementada a súa povoación nos últimos dez anos dunha maneira espectacular, hai  meses que transcendeu a nova de que a cadena de supermercados Mercadona íase instalar nunha parcela situada na avenida de Andurique, perto da Barca, moitos pensaban que seria un supermercado, pero polo visto vai ser algo máis, en concreto unha área comercial de 6.015 metros cadrados dos cales o aparcamento ocupará perto de 2.600 m2, as obras xa se están a realizar e en breve poderanse ve-los resultados, pero hai uns dias, a ésta redacción de "A ponte vella" chegou a información de que unha segunda cadena de supermercados a nivel estatal vaise tamén a implantar no municipio de Poio, facendo asi competencia directa aos pioneiros Supermercados Froiz e tamén a Mercadona, polo visto o grupo basco Eroski ven de mercar un terreo localizado na rotonda de "La merced", onde agora mesmo hai unha antiga casa de pedra, xa comezaron as labouras de desbroce e supoño que aquela casa será desmontada pedra a pedra e transladada de lugar, coméntase por Poio que o montante da operación de compra-venda puido alcanza-los 700 millóns das antigas pesetas. Está claro que o municipio de Poio terá unha proxección importante de cara ao futuro, tanto no plano urbanístico e residencial coma no comercial, posto que estar no punto de mira destes dous xigantes da alimentación non debeu de ser cousa doada.

Chuzame! chúzame -

2 comentarios a “Eroski e Mercadona instalaranse no concello de Poio.”

  1. o 2007-11-03 ás 12.11 pm 1.Rafael dixo …

    O mandatarios do Concello deberían de preocuparse en desarrollar o entramado comercial existente, apoiando con medidas efectivas o que xa está montado en Poio, non so buscar maneiras de recaudar mais impostos e regular as actividades coñecidas ilegais, facer solo industrial como xa lle recordou a Xunta a mais de un alcalde, acabar coas actividades ilegais, participar coas asociacions do lugar, deixar de volcarse tanto no turismo, e deixarse aconsellar polos profesionais do ambito, esto recordame a tempos pasados “Todo para o pobo, pero sin o pobo”, deberían de viaxar algo a outras comunidades e mirar como se construe ordenadamente e como se fortalece un entramado comercial, nunca se deve de ubicar grandes superficies no centro da cidade, eso acaba co comercio menor e con todo, as grandes areas tenen que ubicarse nos pol. industriais (pero Poio…é especial), con este tipo de decisións iloxicas, recordolle a os entendidos do concello que deberían de poner límite os locais de centro de ciudad (300 Metros por exemplo) e todo o que o supere levase o “Pol.ind.”, o descontrol que hai en Poio é algo espectacular. Señor Sobral e compañía, “NON TEÑEN IDEA”

    Creo que todos os empresarios de Poio se sinten igual, poden durmir tranquilos.

  2. o 2007-11-03 ás 1.15 pm 2.breogain dixo …

    Ola Rafael, menudo discurso o teu, supoño que non pensarás que este blog é municipal ou ten algo que ver có Concello de Poio non? Digo isto porque non personalizas e falas en terceira persoa todo o tempo..
    No tocante ao que tis, paréceme acertada a túa proposta, o futuro centro comercial ao carón da Kia de Poio vai xerar infinidade de problemas do tráfico rodado nunha via de alta densidade de tráfico, sobor de todo na época estival, seino porque paso por alí tódolos dias do ano, o futuro polígono xa está xestándose e en breve, supoño que para principios do vindeiro ano, o Polígono INdustrial de Fragamoreira será unha realidade, e para alí irán moitas das empresas espalladas por Poio na actualidade e supoño que tamén algunhas de Pontevedra, pola proximidade máis que nada que non polo prezo do metro cadrado que será similar, xa que está tamén provomida por Xestur. No outro tema que comentas, o de sair por ahí fóra a mirar o que teñen os demais para facer aqui o mesmo, o alomenos coller ideas xa non estou tan dacordo, coa tecnoloxia actual non hai que desprazar ao concelleiro de industria a Bilbao ou a Madrid a mirar como desenrolan eles a súa economia como antaño, tamén penso que aqui temos xente preparada e capacitada para leva-las cousas e non sempre o alleo é o mellor e o máis correcto, hai que ter fé no que temos na terra, senón ahí te-lo exemplo de Magín Froiz, un empresario galego que cree no noso potencial dende hai unha chea de anos.
    un saúdo e graciñas pola visita e polo comentario, volta cando queiras.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.