Actualidade 12 outubro 2007
Simboloxia franquista fóra de Pontevedra.
O vindeiro mércores botará a andar no Congreso dos Deputados, case que con total seguridade -posto que o Partido Popular é o único que votou en contra- o proxecto de lei da chamada "Lei da memoria histórica", ésta contempla entre outras medidas máis, a de instar a tódalas administracións, tanto estatal, coma autonómica e local, a retirar toda a simboloxia que aluda á exaltación militar e á Guerra Civil Española, é dicir, placas, insignias, escudos conmemorativos e demais, tamén obrigará ás administración locais a troca-lo nome das rúas que aludan a persoas vencelladas có franquismo ou a Guerra Civil.
En Pontevedra, pouco a pouco fóronse trocando eses nomes de rúas nos últimos anos, pero inda penso que temos algunha máis con nomes de militares ou que aluden a tal, como "Alfereces Provisionales", "División Azul", "Xeneral Gutierrez Mellado" por exemplo, tamén teño visto pracas de pedra de edificios promovidos polo Instituto da Vivenda daquela, coma o do edificio que está enfronte do "Cafelito", có xugo e mailas frechas, e algún que outro "aguilucho"
franquista coma o que hai enriba da axencia de "Halcón Viajes" perto do Concello de Pontevedra e tamén na vidrieira do Banco de España. Algúns, como a xente do Partido Popular, aluden a que esta lei o que vai facer é a dividir aos cidadáns, eu penso que o que dividiu aos cidadáns xa foi a propia guerra, e todo o que viu despois dela, o asoballamento ao que se viron sometidos os vencidos ao longo de anos e anos, ás vinganzas que viñeron despois por parte dos vencedores, e diso sabemos ben en Pontevedra cós "paseados" da Caeira, o que non pode ser é que vilas e povos de Galiza, despois de anos e anos da Guerra Civil teñan rúas e prazas cós nomes de Francisco Franco ou de Primo de Rivera, e que moita xente, fillos ou familiares de represaliados polo réxime teñan que convivir con iso dia tras dia.
12 de Outubro de 2007, unha magnífica data para comezar coa retirada de toda esa simboloxia feixista e franquista.







o 2007-10-12 ás 5.31 pm 1.Brugal con Cola dixo …
Pues la verdad es que me parece bien que los retiren, aunque tampoco me molestan si permanecen en su sitio. Aunque quizás los que deberían ser de obligao retiro deberian ser los de las administraciones, los que sean particulares pues eso ya igual deberia ser a gusto del propietario, aunque como dije me es igual.
Lo único que no me gustaría que quitaran, la ley creo que no le afecta, es la cruz de los caídos del paseo de Montero Ríos, y no por su signifcado, faltaría más!!, si no porque se ha convertido en un símbolo identificativo de Pontevedra, o por lo menos para mi. Sé que a muchos os parecerá mal, pero, es que yo como no he vivido el franquismo, gracias a Dios, no le implico el significado que otros le dan.
Saludos y feliz día de la hispanidad!!
jeje
o 2007-10-12 ás 10.07 pm 2.breogain dixo …
Pois no tema da cruz do Paseo de Montero Rios non reparara, home, está claro que é un elemento que poidéramos chamar “alusivo” ao tema castrense e tal, cós soldados ali dando o seu sangue por defende-la pátria e todo iso, pero tamén hai que pensar que si, é un elemento identificativo e xa clásico de Pontevedra e a fisonomia do lugar cambiaria bastante, eu tamén penso que non o deberian de retirar, o que si é todo o que dixen no post, as pracas, escudos, águias e demais “parafernalia” franquista que hoxendia o único que fai e rememorar vellos e malos tempos doutrora, algún dirán que deberian ficar como están, que é história de España e todo iso, en Alemaña tamén foi historia o nacionalsocialismo de Adolf Hitler e o Reich, pero agora toda negación do holocausto, revisionismo ou alusións ao nazismo con exhibición de emblemas e demais está penado pola lei, aqui deberiamos de facer igual, senón eternamente estarán enfrontados “nacionais” e “republicanos”, uns vencedores e outros vencidos, uns lembrándolles sempre a súa derrota aos outros por medio de nomes de rúas, de prazas ou de monumentos que ensalzan a un so bando, non aos dous.
Eu non vivin aquela época, teño pouco máis de 30 anos, pero a miña familia si, os meus avós tamén e todo está nos libros por se a xente quere saber.
un saúdo.
o 2007-10-13 ás 5.49 pm 3.deilser dixo …
En tu artículo hablas de la calle General Gutiérrez Mellado…me extrañaría mucho que volvieran a cambiar el nombre de la calle, porque se cambió hace unos pocos años (no se cuantos exactamente,pero no demasiados) ya que antes la calle se llamaba General Mola.
Pero bueno, cosas más raras se han visto
o 2007-10-13 ás 6.04 pm 4.breogain dixo …
Seino, pero sigo pensando en que non deberiamos ter nomes de rúas ou prazas da nosa cidade adicadas a militares, inda sabendo quén foi Guitierrez Mellado e o que fixo cando o intento de golpe de Estado de Tejero no congreso dos deputados.
un saúdo.
o 2007-10-13 ás 10.01 pm 5.Sísar dixo …
Coincido contigo en lo de los Generales.
Sólo un apunte, votaron en contra Pp y ERC por motivos diferentes pero coindieron. Cosas de la política…
o 2007-10-14 ás 10.58 am 6.Luis dixo …
Pois a min paréceme ben que quiten todolos símbolos fascistas das rúas, non pode ser que nunha sociedade moderna, que defende a libertade e igualdade poda convivir entre símbolos que significaron a represión e o odio ao diferente. En canto a poñer o nome dunha rúa a un militar non me importaría sempre e cando este defendera unha sociedade libre, onde primase a igualdade entre os cidadáns e vixiase a estabilidade do estado para a protección do pobo… Ese non me parece tan mal militar. Despois de todo os militares son persoas! Non o esquezamos! Unha aperta
o 2007-10-14 ás 3.30 pm 7.breogain dixo …
Sisar, é verdade, tamén tivo o voto en contra de Esquerra Republicana de Catalunya, esqueceuseme poñelo. A ver logo se comezan a retira-los símbolos franquistas dalgunhas rúas de Pontevedra, xa non temos moitos que digamos, -o que máis temos agora son pintadas e colantes nas farolas da xente da “Falange española” que encheron hai dias o centro da cidade- pero algún símbolos todavia hai e deberian quitalos, seria un primeiro paso, tal e como fixo por exemplo a Xunta hai anos coa illa de San Simón, en tempos cárcere franquista e agora recuperada para uso civil.
un saúdo a todos.
o 2007-10-20 ás 5.42 pm 8.tardeaburrida dixo …
Unha cousa sobre os comentaria a rua de Gutierrez Mellado, penso que non se debe quitar só porque sexa un xeneral do exercito, é unha profesión como outra calquera, e este home mereceo, todos o recordamos erguido diante das armas e dos golpistas mestras o resto dos deputados estaban agachado. Ademáis desta valentía en defender esa democracia que tanto lles molestaba a algúns, hai que recordar tamen que foi fundador da “Fundación de ayuda contra la drogradicción”. Por todo isto penso que este home ten ben merecida esta importante rua. Saudos.
o 2007-10-21 ás 8.32 pm 9.breogain dixo …
“Tardeaburrida”, xa comentaba nunha das miñas respostas nesta mesma entrada do tema do xeneral Gutierrez Mellado, coñezo o feito de que se mantivera impasible ante os golpistas o dia da entrada de Tejero no Congreso dos Deputados, que fundara a asociación de axuda contra a drogadicción xa o descoñecia, agora plantéxasme unha dúbida moral importante, porque segue a ser un militar pero tamén fixo unha laboura social importante có feito de apoiar e fundar esa asociación, xa non sei, ao mellor deberia ficar como está, pode ser.
un saúdo