Cargando...

Caixón de xastre 14 outubro 2007

Unha ollada dende o alto do monte Castrove.

Tarde de domingo no alto do monte "Castrove", no concello de Poio (Pontevedra), abaixo facia bo dia, pero aqui arriba apareceu algo de néboa, un paseo polo monte sempre vai fenomenal para os pulmóns e para descansa-la cabeza do ruido da cidade,ademais, quén diria que estamos a mediados de Outubro, podedes ve-la ria de Pontevedra coa illa de Tambo ao fondo, tamén puiden comprobar que os incendios queimaron moito pero inda é recuperable, esta foto vai adicada a dous veciños de Pontevedra "emigrados" no exterior, Andrés en Salamanca e Luis en Bath (Inglaterra), vai por vós e pola vosa morriña amigos.

Chuzame! chúzame -

5 comentarios a “Unha ollada dende o alto do monte Castrove.”

  1. o 2007-10-14 ás 6.28 pm 1.Andrés Milleiro dixo …

    Graciñas meu…agradécense esas mostras para os emigrados, a mesma que poder escoitar agora a Ramiro Espiño vía Internet (e poder participar na porra do Viñaroel :D)

    En fin, dan ganas xa de voltar a vivir en Pontevedra, certamente…mais o tempo dirá ;)

  2. o 2007-10-14 ás 7.25 pm 2.breogain dixo …

    para iso estamos aqui, fun dar un paseo antes do partido e tirei un par de fotos dende arriba, mágoa que o dia estivera un pouco cuberto e non se mirara tan ben coma outras veces, pero vamos, a intención é a que conta como se di :)

    un saúdo meu

  3. o 2007-10-14 ás 8.42 pm 3.Luis dixo …

    Sen dúbida unha magnífica fotografía, ai, que morriña me ven, pero bueno, só vou estar aquí por un tempo, daquela teño que aproveitar o meu tempo eiquí, e traballar, facer algún viaxe (que aínda non fixen!), e no Nadal terei tempo de gozar da miña terra e de Pontevedra… Pois nada, Breogain, moitisimas gracias pola foto, e por lembrar aos que estamos fóra. Unha aperta dende as nubradas terras inglesas!

  4. o 2007-10-15 ás 6.09 pm 4.Sísar dixo …

    Preciosa foto, lástima que salga ENCE ahí. Si giraras el enfoque un poquito a la derecha sería perfecta jaja.

  5. o 2007-10-15 ás 11.59 pm 5.breogain dixo …

    Sisar…jajaja, pero a foto ten que ser realista, e ENCE está ahí (polo de agora) e tiña que sair na foto, é un elemento máis da nosa ria e non hai por que agochala…por certo, circula unha foto pola da pasteira, sacada dende praceres coa marea baixa que mete medo, cando poida póñoa para que a vexades.

    Un saúdo a todos, aos emigrados e aos que estamos por aqui :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.