Cargando...

Música 13 outubro 2007

En Zaragoza, no concerto dos “Heroes del silencio”.

andres-en-zaragoza.jpg

Esta tarde, un colega blogueiro e asiduo lector de este blog, Andrés Milleiro, enviábame esta foto antes de desfrutar do que será o segundo concerto en Zaragoza, dos catro que han de dar en España, os lexendarios rockeiros que arrasaron nos anos 90, "Heroes del silencio", lémbrome daqueles míticos temas de "Entre dos tierras", "Iberia sumergida", "Maldito duende" ou o meu favorito "La herida". Polo que me contou xa tiña a entrada dende hai unha chea de meses e agardaba expectante por este concerto, tanto é que eu tamén puiden desfrutar, inda que fora por uns cantos segundos e vía móbil, duns acordes en directo do mítico tema "Entre dos tierras", coa nítida voz de Enrique Bunbury.

Chuzame! chúzame -

4 comentarios a “En Zaragoza, no concerto dos “Heroes del silencio”.”

  1. o 2007-10-13 ás 2.22 am 1.Brugal con Cola dixo …

    Tengo que decirlo y que me perdone, pero…
    Que cabrón!!!

    Tengo también algun otro colega que ha ido a presenciar el concierto

    Saludos

  2. o 2007-10-13 ás 2.21 pm 2.breogain dixo …

    a verdade é que si, quén poidera tamén estar ali onte, a miña época de concertos xa pasou, agora como moito a algún que haxa en Pontevedra ou por aqui perto, pero eu tamén teño ido de festivais e concertos moito, sobre todo no verán, fun asiduo de Ortigueira alomenos seis ou sete anos seguidos nos noventa..e sen ser folc, destacaria os Smashing Pumpkins, Los Suaves, The Cure e Muse (no monte do Gozo), Def Con Dos e Xenreira (no pavillón do Gatañal en Cangas), tremendo concerto aquel, non sei se os coñecerás…

    un saúdo :)

  3. o 2007-10-14 ás 6.31 pm 3.Andrés Milleiro dixo …

    Cona, mágoa non me dixeses o de “La Herida” porque a tocaron, seguro que a suben a Youtube…senon merca o dvd e cd o 18 de Decembro ;)

  4. o 2007-10-14 ás 7.23 pm 4.breogain dixo …

    jaja, xa me supuña que a cantarian tamén, pero agradécese a “conexión” en directo dende o concerto, escoite perfectamente a voz de Bunbury e a verdade é que fiquei impresionado, tive que estar tremendo o concerto.. :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.