Cargando...

Actualidade 17 outubro 2007

Punto e seguido.

Cando comecei con este blog alá polo mes de Maio, non foi con outra intención que a de divertirme, de escribir algo que se me ocorrera de cando en vez, colgar algunha foto desas que adoito quitar na fin de semana e tamén opinar de algún tema de actualidade na miña cidade, Pontevedra, non o fixen coa intención de facer popular este recuncho da rede, pero agora que xa levo estas 5.000 visitas, pois a ver se podemos entre todos acadar outras cinco mil máis. Graciñas aos habituais e aos que vos pasades de cando en vez, todos sodes benvidos a opinar e a falar do que vos pete, que para iso estamos aqui.

Unha aperta a todos e todas.

Chuzame! chúzame -

11 comentarios a “Punto e seguido.”

  1. o 2007-10-17 ás 2.10 pm 1.Andrés Milleiro dixo …

    Que susto meu, xa pensei que o deixabas…

    Parabéns por isas 5000, certamente estás a lograr un blogue xenial :)

  2. o 2007-10-17 ás 4.47 pm 2.Zyrtec dixo …

    Noraboa Breogain pola meta acadada. Ainda que non “comento” as entradas son un visitante asiduo a este blogue. Parabéns e a seguir na liña.

  3. o 2007-10-17 ás 6.57 pm 3.Manuls dixo …

    Felicidades por esas 5000, aínda que non sei o que son, supoño que visitas.

  4. o 2007-10-17 ás 10.01 pm 4.breogain dixo …

    graciñas a todos, vós sode-la “gasolina” que fai posible todo isto, a ver se o prezo do barril de petróleo non sigue a subir porque senón perdereivos de vista…:)

    graciñas de verdade, unha aperta a todos.

  5. o 2007-10-17 ás 10.12 pm 5.Brugal Con Cola dixo …

    Felicitaciones!! Y que sean el doble pronto!!

    Estos sod últimos días ando algo liado que se me estropeó el portatil y ando liadísimo para poder entrar en el blog y en internet en general!!

    Saludos!!

  6. o 2007-10-18 ás 10.41 am 6.Maruxa dixo …

    parabéns polo apoio q dia a dia estás conseguindo… ánimo e pa diante! bikos

  7. o 2007-10-18 ás 11.52 pm 7.Luis dixo …

    Noraboa Breogain, eu tamén espero chegar pronto as 5000 visitas coma ti! Segue coa túa bitácora como ata agora, xa che dixen que me gusta moito! Veña, un saúdo e unha aperta dende England. Ciao!

  8. o 2007-10-19 ás 2.42 pm 8.Suevo dixo …

    Parabéns breogain e a seguir así ;)

  9. o 2007-10-19 ás 6.05 pm 9.F. Miguez dixo …

    Uf,a min pasoume como a Andrés Milleiro.
    Nada, que si vimos por aquí, por algo será.
    “A seguir siendo buenos” dicía un profesor meu (”y temerosos del señor.” engadía con sorna.

  10. o 2007-10-19 ás 11.52 pm 10.breogain dixo …

    Graciñas a todos e todas, de verdade, aqui fago o que podo, o meu nunca foi tampouco o informática, como se di o meu foi sempre “a nivel usuario”, pero sempre gostei de escribir, xa pasaron anos daquelas cartas que enviaba ao Diario de Pontevedra laiándome de cousas que pasaban na cidade ou que non me gostaban en xeral, teño un recorte dunha que gardo con especial agarimo, teño que poñela no blog un dia deste, debe ter alomenos uns dez anos senón máis. Dicir que todo isto foi gracias ao labor encomiable de Andrés, gracias a este magnífico rapaz, gran afeccionado granate e mellor informático o blog foi tomando forma, sempre lle estou a rompe-la cabeza con cousas novas, para que me bote unha man nalgún troco que quero facer ou algunha mellora e el sempre está ahí, bueno, máis ben alá, porque pasa case todo o ano en Salamanca..jaja.

    graciñas a todos, por vir e por estar ahi, unha aperta sinceira :)

  11. o 2007-10-21 ás 5.33 pm 11.deisler dixo …

    Noraboa Breogain…e que cumpras moitos máis !

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.