Cargando...

Actualidade 18 outubro 2007

Qué foi da “retranca” galega?

O blogomillo galego anda revolto, a web "Aduaneiros sem fronteiras" botou o fecho motivada por unha ameaza de orde xudicial, polo visto ten que ver cun deseño gráfico que fixeron da poetisa galega Yolanda Castaño, o seu avogado solicitou que o mesmo fose retirado e dende a web decidiron fechala para non "ferir sensibilidades". Paréceme unha mágoa que neste País, onde a retranca é algo tan propio e noso, que teña que ocorrer tal cousa, eu persoalmente non lle miro a ofensa nin a falta de respecto cara á demandante por ningures, e o que si vexo nesta web que levo visitando anos e da que teño algunha que outra camisola na casa, é moitas gañas de rirse do noso, de pasalo ben e de facer unha crítica áceda da sociedade galega e do mundo que nos tocou vivir.

Dende "A ponte vella", a miña solidariedade coa xente de "Aduaneiros sem fronteiras"

Chuzame! chúzame -

3 comentarios a “Qué foi da “retranca” galega?”

  1. o 2007-10-19 ás 2.29 pm 1.masoucos dixo …

    Como se di, non salgo do asombro. A retranca quedou perdida lexos de internet. Ésto ñe un mundo que o tomamos demasiado a peito.
    un saúdo, breogain!

  2. o 2007-10-19 ás 10.04 pm 2.Brugal con Cola dixo …

    Pues tenia cosas interesantes.

  3. o 2007-10-19 ás 11.47 pm 3.breogain dixo …

    Si, eu hai anos que entraba de cando en vez, sempre habia deseño galegos moi chulos, eu teño a camisola de Husqwarna, a que ten a gaita galega asemellando unha desbrozadora, mítica onde as haxa coma a de Ga Lego, unha mágoa que algunha xente, e falo de Iolanda Castaño non teña o mesmo sentido do humor, xa a teño visto algunha vez nese programa de preguntas da T.V.G e non é que sorria moito…

    un saúdo aos dous.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.