Cargando...

Actualidade 29 maio 2007

Xa hai un detido pola liorta das cinco rúas.

Diario de Pontevedra, edición dixital.

     A liorta entre cuadrillas de mozos rexistrada a madrugada do domingo 20 de maio no entorno das ‘Cinco Calles’, no casco histórico pontevedrés, co resultado dun menor veciño de Marín ferido de arma branca quedou prácticamente resolta. O Corpo Nacional de Policía da por concluida a investigación e detivo a un mozo de 17 anos veciño da zona de Cerponzóns como suposto autor do presunto navallazo que enviou ao menor marinense ao hospital.
     Fontes oficiais da Comisaría confirmaron onte que a detención do suposto agresor se produciu o pasado mércores 23 pero non foi ata as últimas horas que se ataron todos os frecos para esclarecer os feitos. Unha vez detido, o menor prestou declaración nas dependencias policiais en presenza do seu avogado e tutor legal e, a continuación, foi posto en liberdade.
     Para a súa identificación foron determinantes os datos aportados polos participantes na pelexa que prestaron declaración ante os axentes da Policía Nacional, se ben a suposta víctima non o puido sinalar coma o autor material do ‘pinchazo’. Outras das testemuñas sí o apuntaron como o responsable pero ningunha puido confirmar cal foi a arma empregada na agresión, de xeito que só se pode concluir que se trata dun obxecto inciso contundente.
     Despois de estudar todos os frentes abertos e tomar declaración a un total de once personas vinculadas dalgunha maneira coa liorta, a unidade encargada da investigación puido concluir que outro veciño de Marín resultou ferido a consecuencia do enfrentamento, concretamente un mozo de 19 anos amigo da víctima principal. Segundo fontes policiais, recibiu supostamente un golpe na cabeza cun pau ou algún obxecto contundente similar e recibiu asistencia sanitaria pero non chegou a presentar denuncia nin parte médico na Comisaría.
     Ademais, a investigación revelou que na liorta non se viron implicados únicamente vecinos de Campelo (en Poio) e Marín, como se pensaba nun primeiro momento. Tamén había mozos de Castelo, en Lérez, de Cerponzóns e da propia cidade de Pontevedra, de xeito que os investigadores concluén que “non eran dúas cuadrillas tan diferenciadas como se pensaba”.De momento, a investigación policial dase por fechada pero dende a comisaría matizan que se detectan contradiccións entre as declaracións das distintas testemuñas que impiden concluir con claridade o relato dos feitos. O asunto está agora en mans da Fiscalía de Menores da Audiencia Provincial de Pontevedra e o Xulgado de Instrucción número 3.

   
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Trackback This Post | Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.