Actualidade 20 Outubro 2007
Pasquall Maragall, enfermo de Alzheimer.
Acabo de escoita-la noticia hai uns minutos na radio, o ex-presidente da Generalitat de Catalunya, Pasquall Maragall, anunciou hoxe que ten a enfermidade do Alzheimer, que lle foi diagnosticada hai uns meses, segundo puiden escoitar da súa propia voz, o que fora tamén alcalde da cidade de Barcelona dixo con un moderado optimismo que, "Hicimos los JJ.OO., aprobamos y refrendamos el Estatut y ahora iremos a por el Alzheimer". Hai uns dias que escoitara falar del polo tema de que xa non era militante do P.S.C., e hoxe cando comezaron o informativo aludindo outra vez á súa persoa, sinceiramente, pensei que seria polo tema do carné de militante, non por esta mala noticia.
En ningún sitio está escrito que esta enfermidade sexa invencible, eu lamentablemente coñezo o tema moi de perto porque teño un familiar tamén enfermo, como ben dicia Maragall, non se acaba o mundo senón que comeza unha nova etapa, vaia dende aqui o meu ánimo a él e a tódalas persoas enfermas en España, que son perto de 800.000, e por suposto aos seus familiares.
chuzame -







o 2007-10-20 ás 4.00 pm 1.Luis dixo …
Sen dúbida é unha enfermidade dura, para o enfermo e para a familia, é unha mágoa que xente vital, que quere vivir, que ten tanto que dar, se lles cubra o a mente cunha capa tan espesa de néboa que nin eles mesmos poidan verse… A verdade é que en ocasións a vida e tristemente inxusta. Eu tamén quero mandar o meu apoio aos enfermos de Alzheimer e as súas familias. Un saúdo!
o 2007-10-21 ás 8.35 pm 2.breogain dixo …
É moi triste e moi dura esta enfermidade, sobre todo para os familiares que a “padecen”, agora coa esperanza de vida que temos é un doenza moi estendida na poboación de certa idade xa, polo que teño escoitado perto de oitocentas mil persoas en España a padecen , ogallá teña cura có tempo.
un saúdo Luis