Deportes 22 Outubro 2007
Liga escocesa; Católicos Vs Protestantes.
Calqueira que me coñeza un pouco, ou ben que se pasara a botar unha ollada ao meu perfil, saberá que son un namorado de Escocia, tamén que levo unha chea de anos coa intención de visitar ese marabilloso país e que polo de agora non puiden ve-lo meu soño feito realidade, de momento conténtome con escoita-la súa música e de cando en vez coñecer algunha noticia que ven daquelas terras, como o derbie futboleiro que enfrontou este pasado sábado aos dous equipos de Glasgow, os católicos e pro-irlandeses do Celtic de Glasgow contra os protestantes e lealistas á coroa británica do Glasgow Rangers, un partido destas características sempre é de alto risco e un espectáculo dunha importancia tremenda no país, vamos, coma un Real Madrid-F.C. Barcelona en España, pois ben, o partido rematou coa victoria dos "Gers" por 3-0, o artífice da victoria foi o galego e ferrolán para máis señas Nacho Novo con dous goles, agardo poder velo pola nosa terra este nadal xogando coa Seleccion Galega, polo demais, os dous equipos van primeiros na Scottish League empatados a 22 puntos.
Go Celtic's go !!
chuzame -







o 2007-10-23 ás 11.44 pm 1.breogain dixo …
Por certo, acabo de ve-lo partido de Liga de Campións entre o Glasgow Rangers e o F.C.Barcelona, empate a cero en Ibrox Park, un bo resultado para os escoceses, boa actuación do galego Nacho Novo