Cargando...

Actualidade 22 outubro 2007

Esta é a Europa que queren algúns.

"Creando seguridade", éste é o lema có que o partido U.C.D. (Unión de Centro Democrático) ven de gaña-las eleccións federais en Suiza, un partido de ultradereita que ten na figura do millonario Christoph Blocher o seu lider, xa envolto anteriormente en escándalos de racismo e xenofóbia, tanto é asi que como vedes na foto do seu cartaz desta campaña electoral, unha ovella branca expulsa dunha couce e outra negra (as tres sobre a bandeira suiza) mentres as outras dúas contemplan a escena, este partido aboga pola expulsión de Suiza dos delincuentes extranxeiros, o máis preocupante é que obtivo o respaldo do 29% do electorado, a cifra máis alta nunca acadada por un partido político nesas terras.

Penso que é algo preocupante e que dá moito que pensar, pensar cara a onde se encamiña a Unión Europea con partidos políticos coma estes, senón lembrade o caso anterior en Austria e o auxe dos grupos neonazis en Alemaña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2 comentarios a “Esta é a Europa que queren algúns.”

  1. o 2007-10-22 ás 3.54 pm 1.Luis dixo …

    Vaia, sí que temos unha forma de ver as cousas moi parecidas, hahaha! O digo porque eu actualicei tamén o meu blog con esta nova! E sí, parece incrible que un país como Suiza, veciño de Alemaña non se decate que o racismo e a xenofobia non levan a ningunes; e se non que lean algo sobre a Segunda Guerra Mundial. Unha aperta!

  2. o 2007-10-22 ás 11.02 pm 2.breogain dixo …

    pode ser, pode ser :) esta noite estiven mirando un pouco o telexornal de Antena 3 e falaron dos irmáns Kacinski (ou coma se escreba) en Polonia, pero non dixeron ren do tema de Suiza, pareceume raro que non preocupe moito o auxe dun partido de marcada tendencia racista e xenófoba.

    un saúdo Luis.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.