Cargando...

Deportes 7 novembro 2007

Galiza - Camerún, este nadal fútbol internacional en Balaidos.

Veño de informarme por Vieiros, que o rival da Selección Galega para este nadal será Camerún, as negociacións para pecha-lo rival están xa rematadas, unha nova sen dúbida sorprendente, xa que o equipo de Camerún é posiblemente senón o mellor, un dos mellores de todo o continente africano, foi gañador da Copa de África en catro ocasións o que lles levou a recibir o alcume de os "leóns indomables", así que E´too xogará en terras galegas coa súa selección este nadal. O partido terá lugar no estadio de Balaidos de Vigo, o dia 27 de Decembro, será unha festa do fútbol galego como xa foi nos pasados dous partidos aos que eu puiden ir. Na miña opinión o rival elexido (case probablemente) no nestá mal, pero a min gustaríame mellor xogar contra Escocia ou Irlanda, máis que nada polo simbolismo, ou senón medirnos contra  Catalunya ou Euskadi, de tódalas maneiras con éstes dous últimos estariamos en inferioridade de calidade claramente, as dúas son unhas potencias futbolísticas impresionantes, tamén porque coidan e miman a canteira, non como fan os clubes galegos, maiormente o Deportivo da Coruña e mailo Celta de Vigo, o Pontevedra C.F. tampouco se destacou moito por darlle oportunidades aos canteiráns, pero dun tempo para aqui, con Fran Rico, Óscar Guimeráns, Sergio Castaño e algún máis a cousa mudou algo.

Por outra banda, vaise tamén a presenta-la selección galega feminina de fútbol, que xogará no mesmo dia el lugar que a masculina contra Catalunya, os horarios todavia están por confirmar, posto que ámbolos dous partidos serán retransmitidos pola T.V.G.

Chuzame! chúzame -

7 comentarios a “Galiza - Camerún, este nadal fútbol internacional en Balaidos.”

  1. o 2007-11-07 ás 5.20 pm 1.Sísar dixo …

    Este fue uno de los grandes errores de la anterior Xunta, no haber desarrollado una selección propia como hacían otras comunidades.

    ¿Para cuando un Galicia-Argentina? Para mí es el partido que más sentimiento despertaría entre nosostros.

  2. o 2007-11-08 ás 9.31 pm 2.breogain dixo …

    Estou contigo, moita xente pode pensar que esta selezón galega de fútbol é un invento político, non saberia que dicirche, claramente o B.N.G. estivo sempre a prol de darlle categoria ao noso deporte e que mellor maneira de potencialo que creando as selezóns galegas en moitas modalidades de deportes coma agora se fixeron, eu penso que é unha maneira de incentivar á nosa mocidade para que fagan deporte e comezando pola base, cecais calqueira dia poidan representar a Galiza en competicións nacionais ou internacionais, quén sabe. Para min éste será o terceiro ano que vou ao partido, estiven dende o principio a prol dunha selezón galega de fútbol, lembro que escribin unha carta ao semanario A Nosa Terra hai uns quince anos reclamando un equipo galego de fútbol, daquela comezaba o movemento a prol de selezón galega aqui e eu reclameina dende o principio, teño o recorte pola casa, un dia falarei del.

    Por certo, partidazo este ano, Camerún é unha potencia mundial e posiblemente xunto con Ghana, a mellor selezón da África.

    un saúdo

  3. o 2007-11-08 ás 9.33 pm 3.breogain dixo …

    Por certo, eu tamén teño familia na Arxentina, asi que como ti dis, para min e para moitos máis galegos e galegas, éste seria un partido moi especial.

  4. o 2007-11-13 ás 7.01 pm 4.marcos dixo …

    cando xogará a selección galega no anxo carro?

  5. o 2007-11-14 ás 12.50 am 5.breogain dixo …

    pois sinceiramente non o sei Marcos, agardo que aqui en Pontevedra xoguen para o ano, cando o novo estadio estexa rematado, no Anxo Carro xa teño estado un par de veces tamén, xa vos tocará ..jeje.

    por certo, moi ben a vosa web, boteille un ollo antes :)

  6. o 2007-12-20 ás 11.56 am 6.julian dixo …

    O dia 27 todos a Balaidos, ai que apoiar a selecion galega e boa idea o galiza-arxentina ao mellor un dia destes pode ser, ogalla.

  7. o 2007-12-20 ás 3.16 pm 7.breogain dixo …

    para o vindeiro ano ogallá xoguen aqui en Pontevedra, o novo estadio Pasarón estará rematado e supoño que a Conselleria de Deportes terá o detalle coa afección granate…

    un saúdo !!

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.