Cargando...

Historia 31 outubro 2007

A noite dos calacús, o noso Samahin celta.

Algún de vós se preguntará o porqué dese festivo o vindeiro xoves, a explicación é moi sinxela, ese dia celébrase o dia de defuntos e para os namorados da cultura céltica coma min o Samain (Samahín en gaélico) , ésta era unha festividade pagana, a noite do 31 de Outubro era o fin de ano para os povos celtas, entre eles Galiza, tamén é a festa en honra aos defuntos marcando a transición do solsticio de outono ao de inverno. A festa do Samain era a máis importante do periodo pre-cristián, nesta data acendíanse lumes sagrados frotando pónlas de serbal e teixo, con elas quentábanse as lareiras  de tódalas casas, tamén era costume a de baleira-las cabazas (antes disto empregáronse nabos) para colocarlles dentro candeas que logo se colocaban nos cruces, nas portas das casas e en infinidade de lugares, esta tradizón inda se mantén viva no noso País na chamada "Noite dos calacús", noite da que teño participado algunha vez e da que vos recomendo tamén desfrutar, concretamente en Vilaboa, perto de Pontevedra, tedes unha festa dos calacús tódolos anos na taberna galega "A casa dos druidas", non sei se inda seguén con esa "oferta", pero ao que chegara á festa cunha cabaza decorada regalábanlle unha consumición, esa noite xúntase moita xente a celebra-la noite de defuntos, hai música en vivo e queimada. Convén non trabucar a noite dos calacús ou celebración do Samahin celta coa máis recente noite de Halloween que tanto se puxo de moda, sobre todo nas cidades, a noite de Halloween puido ser exportada aos EE.UU. polos emigrantes irlandeses entre finais do século XIX e principios do século XX e na miña modesta opinión, é unha celebración máis que nada comercial, non hai máis que ver o bombo que lle dan firmas comercias como McDonald's. O dito, na noite de defuntos non vos esquezades de poñer na fiestra o voso calacú acendido e o dia de defuntos darvos un bo atracón de "osos de santo", que tamén hai que darlle unha alegria ao corpo.

Chuzame! chúzame -

12 comentarios a “A noite dos calacús, o noso Samahin celta.”

  1. o 2007-10-31 ás 5.55 pm 1.EU dixo …

    moi ben rapaciño! ghustaríame saber como pode cheghar Ogrobe?

  2. o 2007-10-31 ás 8.36 pm 2.Brugal con Cola dixo …

    Bonita historia

  3. o 2007-10-31 ás 9.08 pm 3.carmiña dixo …

    Na Illa de Arousa, wn Samaín desde sempre, os nenos van pedindo “unha limosniña para os difuntos que van alá”, de casa en casa, e a xente danlles diñeiro ou lambonadas … Non se disfrazan ni van con iso tan yanqui de “truco o trato”, que me parece unha autentica aberración del marketing para vendernos cousas que non precisamos para nada.

  4. o 2007-10-31 ás 9.48 pm 4.Luis dixo …

    Pois por aquí celébrase o día de Halloween, e xa viron tres rapaces pola casa dicindo iso de “trick or treat”, é dicir, “truto o trato”. Eu abrín a porta e quedei con cara de parvo! Non sabía qué dicir! Hahaha! Tiven que chamar ao compañeiro inglés para que falara con eles, porque eu non sabía se había lambonadas para os rapaces! Foi moi divertido! Hahaha! Pois nada, bo día de Halloween a todos os ingleses e bo Samaín en Galiza. Unha aperta!

  5. o 2007-11-01 ás 11.49 am 5.breogain dixo …

    que tal xente, pois sempre é unha boa cousa a de recupera-las tradicións, e nos colexios de Galiza pouco a pouco vaise facendo, sen ir máis lonxe, onte un compañeiro do traballo comentábame que falara coa súa filla e dicíralle se non ia facer unha cabaza por Halloween no colexio, a rapaza contestoulle que iso do Halloween era dos americanos, que os galegos celebrábamos o Samain, que era unha tradición celta dende hai miles de anos :)

    unha aperta a todos e todas, desfrutade do dia.

  6. o 2007-11-01 ás 12.22 pm 6.Anxélica dixo …

    Bo Samaín, a pesar de que sea tardío…

  7. o 2007-11-01 ás 1.19 pm 7.breogain dixo …

    feliz aninovo celta para todos !!!

  8. o 2007-11-02 ás 8.36 pm 8.Ulmo de Arxila dixo …

    Pois bon Samhain, ainda que sexa un pouco demorado!
    Acabo de descobrir este blogue, e devo felicitar ao Breogain polo ben feitiño que está e as palavriñas tan xeitosas con que o enche ;-)
    En Galiza non havia “trick or treat”… ou si? Pois o Lence Santar falava de que ainda nos comezos do século da luz ian os meniños polas casas desa Terceira Bretaña que é a Galiza mindoniense, petando nas portas e pedindo o “migallo”, ou en versión arousá, unha esmoliña “polos defuntos que van alá”. O certo é que a ria da Arousa e a de Pontevedra son verdadeiros redutos da tradizón galaica máis xenuína no que aos mortos se refiren. Se quixerdes pasar un momentiño fascinante, lede o que escreve Alonso Romero sobre a Santa Compaña nas illas de Ons e Sálvora. Unha pasada!

  9. o 2007-11-10 ás 11.49 am 9.Zyrtec dixo …

    Certamente, Ulmo de Arxila, eu que nacín mirando cara o mar de Arousa lembro o que dís e mesmo teño chamado as portas dos veciños pedindo esmola e pendurando dos chopos que había o carón da casa os calacús cunha veliña dentro. É no día seguinte, a miña nai encargábame de darlle patacas e millo ó Sr.enterrador que recorría a aldea con seu burriño cos “seirons” cheos de produtos do campo, en pago dos servizos “prestados” durante o ano. Xa choveu…Saudos.

  10. o 2007-11-10 ás 12.15 pm 10.breogain dixo …

    Certamente, escoitando e desfrutando das historias que contades, seria unha mágoa que todas esta tradizóns se poideran esvaer na néboa do tempo, se os galegos e galegas temos algo moi valioso, iso é a nosa historia milenária, podemos ter diferencias de opinión en si somos ou non somos un povo celta, pero de o que si estamos seguros é de que temos un moi rico património colectivo que debemos de defender e protexer, sobre todo a tradizón oral que é o primeiro que se perde. Ogallá rematen dunha vez a obra do monte Gaiás, esa magnánima obra comezada xa có anterior governo e que inda vai levar tempo polo que contan, a Cidade da Cultura ten que ser un referente en canto á defensa do noso patrimonio cultural.

    un saúdo xente !!

  11. o 2008-10-06 ás 10.20 am 11.lety dixo …

    soy gay

  12. o 2008-10-06 ás 3.22 pm 12.breogain dixo …

    noraboa pois :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.