Deportes 30 outubro 2007
Alberto Fernández, do Super-Froiz ao Karpin-Galicia.
O ex-corredor do equipo ciclista pontevedrés do Supermercados Froiz, Alberto Fernández Sainz, é dende hoxe a nova fichaxe do Karpin-Galicia, o corredor cántabro de 26 anos se atopaba ate o de agora ás ordes de Evaristo Portela no equipo "alimenticio", foi o vencedor absoluto da Bira 2007 (Volta a Bizkaia), unha das probas máis prestixiosas do calendario ciclista español e da que xa informamos nestas páxinas o pasado verán, pasa asi a reforzar ao equipo profesional galego que tan destacado papel fixo na "Vuelta ciclista a España", dende a redacción de A ponte vella desexámoslle ao corredor toda a sorte posible nesta nova xeira que vai comezar, e aos equipos do Super-Froiz e o Karpin-Galicia animalos a que sigan a acadar máis e máis trunfos para o deporte galego alá onde vaian.






