Historia & Música 7 decembro 2007
Breizh (Bretaña francesa), unha viaxe por facer (vol.1).

Bretagne, mòn amour !!
Unha das miñas afeccións dende sempre foi viaxar, asi ben é verdade que nin puiden facelo tanto coma quixera nin tampouco aos lugares que arelaba, sen ir máis lonxe o ano pasado fun a México e ésta foi a primeira vez que subin nun avión, para ter trinta e tantos non está mal, eu sempre fun máis de ir en coche a tódolos lados. Dende hai moitos anos que son afeccionado á musica e á cultura de orixe céltico, e as miñas preferencias en canto a viaxes se decantan por facer o que eu din por chamar "a tríada celta", Escocia (Alba), Irlanda (Èire) e a Bretaña francesa, chamada (Breizh) en brezoneg, a língua dos bretóns.
Bretaña é unha rexión administrativa do Estado Francés e sitúase coma nós no noroeste do mapa, dende hai unha chea de anos son un namorado desta terra, da súa música e maila súa historia e tradicións, a antiga Armórica ten na súa música un dos seus principais elementos diferenciativos e identificativos, hai anos que levo escoitando ao magnífico harpista Alan Stivell, tamén ao que din é o futuro da música bretona, Dan Ar Braz e aos fantásticos Tri yann, un grupo que enche estadios alí por onde pasa. Os instrumentos máis representativos do folclore bretón son a biniu koz (gaita ou cornamusa) e a bombarda (unha especie de oboe), as bandas de gaitas bretonas ou bagad's empregan principalmente estes dous instrumentos acompañados das caixas de "alta tensión" e de bombos, téñoas visto moitas veces no Festival do Mundo Celta de Ortigueira, sempre acompañadas dos bailaríns bretóns que no seu País se xuntan nas "festòu-noz" (festas diurnas) ou "festòu-deiz (festas diurnas) a bailar de ganchete. Un elemento común aos galegos son os "aturuxos" é mailo fenómeno do "kan ha diskan", que viria sendo unha cousa semellante á "regueifa" galega, un vai falando/cantando e outro vaille contestando de semellante maneira. Aqui vos deixo un tema de Dan Ar braz e Alan Stivell, chámase "Pop plinn" e nela podedes ver, ademais de a estes dous grandes artistas bretóns, varios dos elementos característicos da música bretona, as bombardas dunha bagad, unha harpa celta e á xente bailando de "ganchete", desfrutade do video, eu agardo podelo facer en directo un verán destes no Festival Intercéltico de Lorient, un festival no que participan miles de artistas e congrega a máis de un millón de visitantes, cada ano o adican a unha nación celta, o ano de Galiza foi hai un par de edicións, o vindeiro 2008 será o turno de (Cymru) o País de Gales.
chúzame -







o 2007-12-08 ás 9.31 pm 1.Loli66 dixo …
gosto da nosa música, pero recoñezo que nom son unha gran aficcionada, levo sempre conmigo unha colección de varios autores.
góstame que tiñamos xente coma ti que a disfruta, no meu círculo de amigos normalmente dinme se nom ai outro disco para poñer…
trinta anos en subires a un avión? en serio? eu éste ano estou un pouco farta deles e o ano que ven xa está programado un viaxe en febreiro, pero son de traballo.
sabes que en moitos deses sitios ademáis de compartires as raices musicais, compartimos os encaixes?
anécdotas
o 2007-12-09 ás 3.09 pm 2.breogain dixo …
pois xa vés, encántame a música folc dende hai moitos anos, na galeria de flick-r podes ver algunha foto de cando ia ao festival de Ortigueira, hai unha chea de anos, gústame o folc galego, escocés e bretón principalmente, pero tamén escoito irlandés e algo do asturiano e basco, destes últimos sobre todo a Oskorri e asturiano a Llan de Cubel, para min o mellor grupo astur sen dúbida. E si, a primeira vez que subin nun avión na miña vida foi o ano pasado, e a impresión foi unha pasada..buff, pero estivo moi ben, o problema que tiña que ter viaxado antes a Madrid ou por aqui perto, porque facer a primeira viaxe en avión e de 12 horas pois deume moita impresión, un voo transoceánico supoño que meterá respecto ao máis pintado..
un saúdo
o 2007-12-09 ás 6.10 pm 3.Sísar dixo …
Gente como tú Breogaín dignifica al gallego. Acabo de aprender unas cuantes cositas con tus enlaces como lo del dialecto galó que ni sabía de él.
Respecto a lo de Bon e Bo era algo que siempre me preguntaba. Los que aprendimos el gallego de nuestros padres y abuelos y en la escuela el normativo ahora estamos un poco perdiso con los nuevos cambios introducidos. Creo que eso habría que potenciarlo mucho más, dar a conocer los cambios y despolitizarlo completamente.
un saludo
o 2007-12-19 ás 3.39 pm 4.Pól O'Lema dixo …
Boas Breogain! Alegro-me de ter unha afeizón máis en comun contigo, pois sempre é bon ter con quen compartir o amor pola vella terra dos bretóns. Certamente é impresionante a semellanza entre bretóns e galegos, xa non só no plano antropolóxico, senón tamén, como ben dis, no musical, no paisaxístico, mesmo no gastronómico (crepes = filloas). E devemos agradecer-lles mui profundamente a bretóns e irlandeses o feito de podermo-nos considerar hoxe, con todo direito, un “país celta”.
Espero que sigas con esta aventura bretoa e nos fales de muitas máis cousas: das suas “troménies”, da romaxe de San Ronan de Locronan, do Ar Mor e do Ar Coat… en fin, sempre adiante!
o 2007-12-19 ás 3.43 pm 5.Pól O'Lema dixo …
Ah esquecia-o! Sobre o de “bon” e “bo”: as duas son resultados do latin BONUM, mais con distribuición dialectal, de xeito que “bon” é próprio do galego centro-oriental, mentres que “bo” é característico do galego occidental. A única diferenza radica na perda ou mantemento do -N- intervocálico. Quero dizer que as duas son soluzóns perfeitamente respeitáveis e nengunha das duas é superior nen inferior à outra; o que pasa é que en Galiza, como noutros lugares similares e con complexos parecidos, tendemos a pensar que somente está ben o que nos di a língua estándar/normativa, esquecendo que esta é tan só unha variedade máis, construída a partir das variedades dialectais, e na que unhas formas concretas prevaleceron sobre outras por uns motivos determinados. No caso de “bo”/”bon”, escolleu-se “bo” como normativo seguramente por ser o máis empregado na tradizón literária, mentres que as opzóns reintegracionistas (entre as que me incluo) escollen “bon” simplesmente por un afán de coincidéncia co portugués. Todo, no fundo, é ideoloxia meus amigos!
o 2007-12-19 ás 9.25 pm 6.breogain dixo …
Que tal Pól O’Lema, que supoño serás Ulmo de Arxila tamén jaja, pois ogallá teña a sorte ou máis ben intre para poder facer esa viaxe, agardo facer unha para o vindeiro mes de abril ou maio a algúns pais da “triada” celta da que vos falo, por suposto que informarei e poñerei fotos, claro está.
Noutro orde de cousas, falando do tema de Bo Nadal ou Bon Nadal, por suposto que as dúas son correctas, eu non digo o contrario, xa me comentaba outra lectora no mesmo post ese que fixen do Concello de Poio que hai unhas variantes dialectais (coñezo o dato) e que esa versión seria tamén correcta, pero o que eu digo é que o Concello de Poio, como institución penso que normalizada no emprego do noso idioma, deberia de emprega-lo galego máis extendido e o “oficial”, poñamos por caso, ou sexa o normativo, eu coma ti tampouco emprego o galego oficial, eu son máis do galego de mínimos que ademais agora está a avanzar pouco a pouco coas reformas que houbo e que aceptaron algo da grafía de mínimos…
veña, que non me enrollo máis, un saúdo e Bo Nadal !!