Cinema e televisión 3 novembro 2007
“1612″, unha película rusa con música galega.
Entérome via Chuza! da estrea dunha nova película chamada "1612", unha película de ficción con trasfondo histórico e promovida polo governo ruso, a súa estrea en Rusia fixose por todo-lo alto nos cines o primeiro de Novembro, a película alude ao ano no que foron expulsados do Kremlin os polacos que se fixeran fortes despois da morte de Iván "el terrible", agora mesmo en Rusia hai unha importante polémica posto que o governo de Putin trocou o dia da Festa nacional do antigo 7 de Novembro (25 de Outubro no antigo calendario Xuliano) ao 4 de Novembro fai dous anos, e a povoación rusa sigue preferindo celebra-la data do trunfo da revolución bolchevique. O curioso desta película non é a polémica levantada na sociedade rusa, senón que no intre máis culminante e álxido da cinta, cando a heroina é enviada a un mosteiro escoitase unha canción en galego, algo que non deixa de sorprenderme posto que aqui a música galega non está nin moito menos protexida e promovida polo noso governo, como si acontece por exemplo en Irlanda, e en Rusia tivo o apoio oficial da Axencia de Cultura e Cinematografia, o mundo ao revés.
Por certo, a ver se sabedes de que canción se trata, eu polo de agora estiven indagando pero non din có título.
chuzame -







o 2007-11-03 ás 2.07 pm 1.bijealou dixo …
Hai que citar as fontes
(El País, ou El País vía Chuza).
o 2007-11-03 ás 2.50 pm 2.breogain dixo …
tés razón, vouno editar agora..por certo, coñecémonos? ese nick non me soa de nada.
o 2007-11-03 ás 6.16 pm 3.Anxélica dixo …
Fuches a miña vítima dun xoguiño que anda dando voltas pola bloguoteca. Agora queda na túa man facelo. Está colgado no meu blog!
Unha aperta!
P.D: vou mirar algo deste filme do que falas!
o 2007-11-03 ás 9.37 pm 4.breogain dixo …
Anxélica, xa me supoño que será un “meme”…jaja, vouno mirar entón, un saúdo.
o 2007-11-04 ás 9.41 pm 5.Suevo dixo …
Tamén estou intrigado en saber que canción é, quen o saiba primeiro que o conte… por certo, porque se me adiantou Anxelica que senon iache empaquetar eu o meme das 8 cousas
o 2007-11-04 ás 10.39 pm 6.breogain dixo …
suevo, mireino no teu blog onte…jeje.
o 2007-11-16 ás 4.39 pm 7.Ith dixo …
machiño, a data da Revolución de Outubro segundo o calendario Xuliano foi o 25 de Outubro de 1917, que o troca-lo polo Gregoriano pasou ó 7 de Novembro! Por iso ainda hai xente na Rusia que pensa que a nova data segue conmemorando a Revolución
unha aperta
o 2007-11-16 ás 8.15 pm 8.breogain dixo …
Ith, graciñas polo dato, xa edito o post e rectifico có teu apuntamento, vexo que estás posto no tema
un saúdo e graciñas.