Internet 5 novembro 2007
Meme: Oito cousas que me gustan
Hai un par de dias que Anxélica retábame a facer un meme das oito cousas que me gustan, para os que non saibades en que consiste un meme, poderia definilo como a "cadea da peseta", aquela que consistia en mandar cartas, supoño que algunha vez o teriades feito. Ben, se fago un chisco de memoria, éste debe de se-lo terceiro meme que fago, o anterior foi ao que me convidara Andrés Milleiro, se tedes curiosidade podédelo ver aqui, pois nada, como non quero ser descortés e moito menos escaqueado, aqui van as miñas preferencias.
-
Viaxar, antes cando era estudante non tiña un can e si moito tempo para viaxar, agora de "currante", teño aforros pero non tempo, asi que é un problema, levo anos tentando de face-la que eu din por chamar, "triada celta", viaxar a Escocia, Irlanda e Bretaña, a ver se consigo facelo un ano destes.
-
Un coche, o mini cooper-S, uha das miñas afeccións, -entre outras que teño- son os coches, e a verdade, éste seria unha das miñas preferencias xunto cun BMW M3.
-
O son da "highland bagpipe", a gaita marcial escocesa, un dos meus pasatempos preferidos cando teño tempo é tocar coa miña "Seivane" de granadillo en Do, unha gaita galega, ensaio có grupo "Vides Novas" de Poio (Pontevedra).
-
Os animais, teño o mesmo problema que moita xente que vive en pisos, non teño sitio para ter animais e a min encántanme os cans, gustaríame ter dous boxer cando teña sitio para eles.
-
O fútbol, son socio do Pontevedra C.F. dende hai anos, gustaríame por min e por tódolos afeccionados granates, que o noso equipo acadara este ano o tan arelado ascenso a Segunda División, e claro, que alomenos ficara ali e non voltara a baixar outra vez, por suposto non estaria mal subir á Primeira División. -
Unha película, "Braveheart", non puiden vela no cine, é increible pero certo, a miña película preferida e tiven que vela na televisión da casa e non no cinema, como deberia de ser, cunha pantalla ben grande e o dolby-surround atronando toda a sala.
-
O "mountain bike", ou sexa, a bicicleta de montaña, hai anos e anos que xa non podo competir como facia antes, pertencín ao "Gonbel bikes", un equipo de Marín que chegou a ter grande sona en toda Galiza, competín no campionato galego e tamén cheguei a correr a Copa do Mundo, daquela chamada Copa Grunding, na casa do campo de Madrid, impresionante dia aquel, correndo ao carón dos grandes campións americanos e europeos.
-
E por último, a última afección que teño é a música, sobre todo escoito folc, ben sexa galego, bretón, escocés, irlandés, asturiano.. tamén gosto do ska, preferentemente Skarnio e os míticos e desaparecidos Xenreira e algo do metal gótico, Paradise Lost, Nightwish ou Within Temptation.
Ben nada máis, estes ben poderian ser as miñas oito preferencias ou afeccións, como non quero meter a ninguén e compromisos e todavia non teño decidido a quén convidar a seguir con isto, vouno pensar, se algún de vós se sinte aludido ou ten gañas de facelo, adiante.
chúzame -







o 2007-11-06 ás 12.38 am 1.Brugal con Cola dixo …
Pues asi a lo tonto me he olvidado de hacer el anterior…
El tema es que tampoco le encuentro sitio en mi blog…
lo siento.
Saludos
o 2007-11-06 ás 4.38 pm 2.breogain dixo …
Non pasa nada, os “memes” son algo có que pasa-lo tempo e para darnos a coñecer uns aos outros, hainos máis divertidos e outros non tanto, eu polo de agora so fixen un , os outros dous foron contestacións á xente que me convidou a facelos, un de Andrés Milleiro e outro de Anxélica, paseino ben de tódalas maneiras, faite pensar e interiorizarte un pouco.
Un saúdo.
P.D. por certo, ben podias contestar ao primeiro meme que fixen, o que mirei no blog do famosísimo JAVI MOYA, é un meme visual e resulta interesante, por si tes interese aqui está:
http://breo.blogaliza.org/archives/77
o 2008-08-22 ás 8.37 pm 3.Mim dixo …
http://maisala.blogaliza.org/2008/08/11/xenreira-erguete/#comment-96