Actualidade 12 novembro 2007
Un pouco de “sentidiño”, por favor !!
Nestes dias están a acontecer cousas que escapan ao meu entendemento, cousas que pasan na nosa terra e que dende logo non son nada novo, pero que ultimamente se están a desmadradar de tal maneira que meten medo, non digo que non aconteza noutras partes, pero circunscríbome ao territorio galego.
Podo comprobalo calqueira fin de semana en Pontevedra; cada vez hai máis comas etílicos de rapaces menores de idade, comas producidos pola inxesta de alcool en grandes cantidades e en pouco tempo, normalmente nos botellóns que tanto abundan nas nosas vilas e cidades e que relativamente son cousa recente, tamén é cousa habitual o das pelexas na rúa, supoño que como consecuencia do abuso do alcool e das drogas, o máis novidoso é o tema de gravalas có móbil e logo pasarllas aos amigos, o morbo chega a tal nivel, que incluso hai televisións que chegan a pagar por obter esas imaxes. Polo visto tamén está de moda o das carreiras ilegais nos polígonos, coma aquelas que houbo no seu tempo (ou inda hai) no Polígono do Campiño de Pontevedra, de tódalas maneiras, o que xa realmente me parece lamentable e que considero o colmo dos despropósitos, foi o espectáculo que puiden ver con perplexidade estes dias na televisión, o "pique" entre dous vehículos de grande cilindrada nunha estrada galega, unha estrada aberta ao tráfico có conseguinte perigo para os peóns ou para os demais vehículos, non entendo a toda esta xente, que aburrida ten que ser a súa vida para que fagan barbaridades de tal magnitude, poñendo en perigo a vida dos demais por divertirse un pouco. Humildemente, considero que no tema das borracheiras dos rapaces de quince ou dezaseis anos e as pelexas posteriores, grande parte da culpa é dos seus pais, eles deberian controlar e por suposto educar aos seus fillos, por narices teñen que saber como chegan de madrugada á casa, ou alomenos preocuparse de sabelo, o que non poden é mirar para outro lado e nega-la realidade. Cousa xa máis complicada é o tema das imprudencias ao volante, estes si que xa non son rapaces ou alomenos xa son maiores de idade e deberian de ter un pouco de "cabeciña", a eses pilotos en potencia diríalles; que os galegos e galegas levamos anos reclamando un circuito de velocidade, e que moitos de nós coñecemos o proxecto do CIRCUITO GALEGO XA!!, que ahí é onde deberíades de correr, onde descarga-la vosa adrenalina cada fin de semana, unídevos ao proxecto, reclamádeo, manifestádevos e logo, unha vez conseguido, divertídevos alí todo o que queirades, pero deixade de face-lo burro nas estradas, nos polígonos ou polas rúas da vosa cidade, porque unha famila que se cruza no teu camiño rapaz, non ten culpa de que ti non teñas un mínimo de "sentidiño" e de cabeza.
chúzame -







o 2007-11-12 ás 10.14 pm 1.luis dixo …
Si, eu non sei que pasa, pero a verdade é que a cosa está bastante desmadrada… Quedei abraiado de que houbera outra trifulca en Pontevedra nesta última fin de semana (púxeno no meu blog), e bueno, tes toda a razón, o sentidiño falta por todas partes na nosa terra, sobre todo entre os mozos e adolescentes, que non hai tempo que o fun eu, e non era un atolondrado! Pois nada, a ver se nos ven o sentidiño! Unha aperta!
o 2007-11-13 ás 3.20 pm 2.breogain dixo …
Xa vés Luis, entendo que en Pontevedra haxa de cando en vez algunha liorta, é unha cidade cada vez máis grande e a povoación xove tamén aumentou moito, o problema do botellón é unha engadido tamén importante, penso eu que non tema non entrou o racismo (digoo polo feito de chamarlle sudaca), aqui polo de agora non andamos con estas historias pero temos que ter coidado posto que a povoación inmigrante, que no caso da nosa cidade era testimonial ate hai ben pouco está a medrar tamén, agardemos que haxa unha boa convivencia entre todos e non rematemos coma noutras partes, coa mocidade dividida en bandas,iso non seria cousa boa.
saúdos.