Deportes 8 novembro 2007
O Pontevedra - Zaragoza será retransmitido pola T.V.G. en directo.
Acabo de escoitalo na sección de deportes do telexornal da galega, o partido a desputar o vindeiro xoves dia 14 de Novembro ás 20:30 horas no Estadio Municipal de Pasarón (Pontevedra), contará coas cámaras en directo da televisión autonómica galega, despois dun acordo ao que chegaron
con
ámbolos clubes, o partido que será arbitrado polo colexiado Turienzo Álvarez e que corresponde aos dezaseisavos de final da Copa de "El rey", poderá ser seguido por tódolos afeccionados galegos, tanto no partido de ida coma no de volta. Por fin a televisión galega lémbrase do Pontevedra C.F. para retransmitir un partido, este ano non estamos finos, pero nas pasadas tempadas houbo verdadeiros partidazos en Pasarón que ben poideron ser retransmitidos, señores da T.V.G., en Galiza non todo é Celta de Vigo ou Deportivo da Coruña, sei que na grella televisiva non hai sitio para todos, pero non me negarán que un Pontevedra C.F. vs Rayo Vallecano non é un partido para retransmitir, de tódalas maneiras, grazas por lembrarse de nós, sobre todo para o partido de volta en Zaragoza, ao cal non poderei asistir.
chúzame -







o 2007-11-09 ás 12.37 pm 1.BERTRAM dixo …
Creo que a galega vai ter crudo emitir o partido, xa que o Pontevedra me da que non lle vai permitir entrar no estadio, salvo que aporten un feixe de cartiños as arcas granates….
:-)
o 2007-11-09 ás 2.09 pm 2.Eva dixo …
polo visto xa chegaran a un acordo..senón me supoño que non llo dirian aos medios.
un saúdo.
o 2007-11-09 ás 11.54 pm 3.breogain dixo …
pois segundo falaron no telexornal da galega hai un par de dias, chegaran a un acordo con ámbolos clubes para a retransmisión do partido de ida e o de volta, agardo que non haxa “sorpresas” de última hora por parte de Nino Mirón, no partido de ida xa non me importanta tanto porque estarei presente, pero para o de volta en Zaragoza, tiña pensado velo pola televisión, a ver se non me foden o plan..
saúdos granates !!
o 2007-11-14 ás 11.01 am 4.ui dixo …
e
o 2007-11-14 ás 11.01 am 5.ui dixo …
i
o 2007-11-14 ás 11.02 am 6.ui dixo …
o
o 2007-11-14 ás 3.47 pm 7.breogain dixo …
ui, dicias algo ???
o 2007-11-14 ás 7.00 pm 8.chicharo dixo …
vamos pontevedriña cajinán. hoxe rachamos coa pana e lle damos un bo corte de pelo ós maños. con todo o respeito do mundo. a ver que pasa.
Pontevedra oé.
o 2007-11-15 ás 3.30 pm 9.breogain dixo …
Ola chicharo, pois supoño que xa estarás ao tanto do resultado, impresionante ver un primeira caer en Pasarón, foi apoteósico, a bancada de norte a tope de xente, aquilo foi tremendo…
un saúdo