Deportes 9 novembro 2007
“Carreira de campións”, a historia do ciclismo galego dase cita en Pontevedra.
Os afeccionados ao ciclismo non tedes/temos excusa, o dia 10 de Novembro vaise celebrar na nosa cidade a chamada "Carreira de campións", e segundo puiden ler no cartaz, a historia do ciclismo galego vaise dar cita en Pontevedra, se fago un exercicio de memoria venme á mente Álvaro Pino, Suso Blanco Villar ou Horacio Barros. Coma ven sendo habitual, os encargados de prepara-lo evento son a xente do G.D. Supermercados Froiz có seu manager Evaristo Portela á fronte, -que por certo, inda non activaron a súa web-, no ciclismo galego, a xente do Froiz son claramente un referente polo seu apoio ao ciclismo afeccionado dende hai moitos anos. A saída terá lugar dende a céntrica Praza da Peregrina, ás 16:00 horas haberá unha marcha popular e de seguido, ás 16:30 horas a carreiras das "vellas glorias", segundo teño entendido, despois da proba haberá unha cea conmemorativa.
Eu coma afeccionado ao ciclismo, inda que non exactamente desta modalidade, son máis de tirar para ao monte, -coma as cabras- andarei por alí para botar un ollo, que seguro que a climatoloxia acompañará
chúzame -






