Actualidade 28 Novembro 2007
Achégase o nadal…
Téñoo constatado ao longo de varios anos, uns dos indicadores máis fiables e seguros, que reflexa a chegada do Nadal na nosa cidade é o escaparate de "Pórtico", eles sempre son dos primeiros en meternos polos ollos a luceciñas, as boliñas e o abeto de marras, en Poio, os nosos veciños teñen ao centro comercial "A Barca", éstes xa puxeron tamén todo o tinglado de Nadal hai varias semanas, unha cascada de luz e cor que nos convida ao consumismo exacerbado, porqué será que cada ano dame a impresión que os comercios adiantan máis e máis a tempada de Nadal?. Lémbrome que na casa dos meus pais, sempre foi, e inda segue a ser, unha tradizón a de comeza-lo nadal o un de Decembro, a posta en escea de toda a parafernalia navideña facíase o primeiro fin de semana que tivera Decembro, ou senón na ponte festiva do mesmo mes, a miña nai ia ao trasteiro e collia a caixa de cartón con todo o "arsenal", ali comezaba a algarabia navideña, que si o abeto, que o belén, as boliñas no taquillón da entrada xunto cós bois e o "neno".. vaia, que vos vou contar que non saibades vós. Os doces navideños tamén sempre foron motivo de polémica, ben entendida claro, se ben á algúns da familia non lle importaba comezar a comelos antes de tempo, digamos, a finais do mes de novembro, eu pola miña parte era dos que pensaban que o turrón era para o Nadal, polo tanto non se podia comer antes do primeiro de mes, e cando digo turrón, falo tamén dos mazapáns ou das boliñas esas de chocolate "Lacasa" tan ricas, calqueira cousa menos os polvoróns, non os aturo, nunca foron santo da miña devoción, a sensación de ter todo ese mogollón seco na boca, buff, aseméllaseme que estou a comer area. Por outra parte, dame a impresión de que cada ano que pasa desfruto menos das festas do Nadal, agora traballando case non teño tempo para nada, de pequeno lémbrome que o Nadal significaba vacacións, estar na casa xogando todo o dia ou sair coa bicicleta sen mira-la hora, de ver un montón de películas de debuxos animados, porque se ben na Semana Santa, na televisión todo son películas tipo Ben-Hur ou Espartaco, no Nadal todo eran películas e series de debuxos animados e aquelo era a gloria, agora con algúns anos máis, o Nadal significa máis choio e máis gasto, pero tamén ten a súa parte boa por suposto, é o intre para xuntarme coa miña familia arredor dunha mesa, para desfrutar contando historias, facendo un resumo de todo o ano e facendo plans para o futuro.
Sexa ou non sexa moi devoto ou relixioso, o Nadal é unha época especial que á maioria nos gusta, inda que ao final so a vaiamos a empregar como unha excusa máis para sair a tomar unha copa cós amigos.
chuzame -







o 2007-11-29 ás 12.28 am 1.luis dixo …
Mi madriña, ti si que adiataches o Nadal! Hahaha! Eu supoño que publicarei algo máis adiante acerca do Nadal. Eu estou o 100% dacordo contigo, en case todo:
- A min encantame os polvoróns. Os que non aturo son os mazapans, demasiado doce pra min.
- Igual que a ti, pra min o Nadal significaba algo especial e sempre pensaba nos xoguetes, e no tempo de lecer. Ainda que hoxe ainda teño vacacions (iso si que é unha sorte, a de seguir sendo estudante), o Nadal só me estresa, que si os regalos, que si as reunions familiares…
- Un apunte máis: as discusións familiares! Antes non lles pretaba moita atención porque era neno, pero agora é un verdadeiro coñazo!! Mira, as reunións familiares, sexan do tipo que sexan TIÑAN QUE ESTAR PROIBIDAS POR LEI!
Ai, quen puidera volver a ser un raparigo e gozar da ilusión que tiñamos cando éramos nenos…
o 2007-11-30 ás 9.56 pm 2.breogain dixo …
De adiantados xa poden falar moitos dos comercios da nosa cidade, que dende hai semanas que teñen xa postas as luceciñas de nadal e todo preparado, en poucas horas será primeiro de Decembro e comezará a conta atrás para remata-lo ano 2007, que lonxe fica aquel efecto-2000 !!, como pasa o tempo.
un saúdo Luis
o 2007-12-06 ás 9.23 pm 3.Loli66 dixo …
nom me gosta a Navidad, nim as reunións familiares, tiña vacacions e busquei outra cousa para facer, ¿por qué temos que ser máis felices nestas datas?
Ojalá pasen pronto e volvamos a normalidade!
nom che gustan os polvoróns!!! vaía,co ricos que están!
no que si tes razón, e no de quen me dera votar a ser nena para podelas disfrutar coma antes…
o 2007-12-07 ás 12.23 am 4.breogain dixo …
Loli66 estou contigo en no nadal parece que temos que ser máis felices por que si, se non hai motivos de ledicia deberia ser unha época coma o resto do ano, iso si, ao haber máis tempo para reunirse pois un síntese máis a gusto estando coa familia, iso se que eu o considero a “felicidade” do Nadal, claro que como tamén comentei e comentas ti, de rapaces si que desfrutabamos máis dela, porque tiñamos máis tempo libre e viviamos todo dunha maneira diferente..
un saúdo
o 2007-12-08 ás 9.20 pm 5.Loli66 dixo …
nom só era o tempo libre. era que éramos inocentes… inocentemente felices e sen preocupacións…
os meus recordos ata os once anos, son de que fun unha nena realmente félíz, a partir deles escomencei a ver a vida e me vin que nom era precisamente de cor rosa.
nom é que en Navidad fique especialmente preocupada ou infelíz, pero eso de seres felices por calendario, resultame un pouco raro, eu hoxe tiven un día moi bonito e iso que o tempo nom acompañou, saimos en moto con uns cuantos compañeiros do foro e pásamolo pipa, nom é xente que coñeza de fai tempo nim que vexa a miudo, fixo frio e ata nos caeron unhas gotas, pero foi un día moi agradable e nom ten nada que ver co calendario.
o 2007-12-09 ás 3.05 pm 6.breogain dixo …
Está claro,un bo dia faino un mesmo e non o que diga o calendario, pero está claro que á maioria de nós gústanos o Nadal, para min ven sendo unha época de máis traballo pero penso que me compensa, paso máis tempo coa familia, as ceas e todo iso adoitan ser divertidas e incluso un anda un pouco máis feliz se cadra, por suposto que calqueira dia pode ser un dia marabilloso, hoxe mesmo se o Pontevedra houbera gañado o partido seria cojonudo, pero en fin, a ver como se presenta a tarde, igual pode remontar…jaja.
un saúdo loli