Actualidade 18 novembro 2007
Cando chove aqui?
A cousa comeza a ser preocupante, xa non me lembro cando foi a derradeira vez que choveu en Pontevedra, debeu de ser hai un par de meses alomenos, estamos a mediados de Novembro e non cae unha pinga nin por asomo, o ano pasado a estas alturas estabamos vendo as riadas de Cee no telexornal, agora o que temos son incendios, abraiante, incendios no mes de Novembro, a este paso o Papá Nöel ou os Reis Magos han de vir en moto de auga, porque esa é outra, as praias están cheas o fin de semana, na maior parte dos casos trátase de xente paseando, pero sempre hai algún espabilado que se atreve a dar un chapuzón, e non falo dos surfeiros precisamente. No centro de Pontevedra, na chamada "Milla de ouro", o imperio do todopoderoso Amancio Ortega, as tendas non saben xa que roupa poñer e segundo os comerciantes non se vende nada, nin de inverno, nin de outono, e moito menos de verán, a xente non compra, está espectante a ver que pasa có tempo, se chove ou non, se fai frio ou seguimos con estas mañás de sete ou oito graos, mediodias de andar de manga curta e noites nas que "refresca", o dito, estamos todos atolondrados.
Polo que dixeron estes últimos dias, hoxe parece ser que por fin vai chover, pois máis vale que comece canto antes, porque os encoros están case valeiros e un Nadal sen chuvia e tempo invernal non seria o mesmo.
chuzame -







o 2007-11-18 ás 12.22 pm 1.carmiña dixo …
Pues o día 24 de Outubro caeron as últimas gotas, porque só foron iso. Pero coido que hoxe está a piques, aunque non lle auguro un gran diluvio. Penso que todo isto é por queixarnos tanto do verán, non queríamos bo tempo, pois toma dos cuncas.
o 2007-11-18 ás 5.17 pm 2.breogain dixo …
esta mañá estiven en Santiago de Compostela a iso das once, facia un frio que pelaba e caeron unhas pingas, pouquísimo con referencia ao que precisamos, teria que estar chovendo un mes seguido para recuperarnos algo, porque senón augúrase un inverno moi complicado tal e como estamos…hoxe é verdade que o dia está morriñento, pero a auga non asoma polo de agora por ningures.
un saúdo.
o 2007-11-18 ás 5.30 pm 3.luis dixo …
Ai, a verdade é que a min dame un pouco de medo isto dos cambios de tempo tan radicais dun ano para outro. Lembro o chuvioso que foi o ano pasado porque tiña que ir andando en Santiago do campus sur ao campus norte, e acababa mollado de pés a cabeza. Agora leo nos xornais que non chove nadiña polas terras galegas, e os meus amigos e a miña familia tamén me dixeron que hai meses que non chove, dende que eu me fun, xa hai case dous meses. ¿Ciclo ou cambio climático? Non sei, eu inclínome máis polo segundo. Que non sexa nada! Un saúdo!
o 2007-11-19 ás 2.18 pm 4.Manuls dixo …
É falar e leva xa dous días chovendo, ¿por que non dis que me vai tocar o gordo? xD
o 2007-11-19 ás 3.36 pm 5.breogain dixo …
Manuls….jajaja, esa era boa, pois nada, haberá que facer unha entrada falando da loteria de Nadal, a ver se este ano cae en Pontevedra e temos sorte, a min o meu pai quedoume de dar un décimo deses de “La bruixa d’or” que mercou por internet, a ver se este ano teño sorte…
saúdos !!
o 2007-11-19 ás 3.43 pm 6.breogain dixo …
Por fin, onte á tardiña comezou a chover, pouco cousa ao principio, pero á noite xa estaba descargando máis “contundentemente” e durante toda a noite penso que non parou, a verdade é que deume unha alegria grande que viñeran as choivas dunha puñeteira vez, foi sair có coche do garaxe esta mañá, de camiño ao traballo, e ir cun sorriso de neno pequeno na cara vendo como chovia…