Cargando...

Historia 10 novembro 2007

Polo “San Martiño”, trompos ao camiño.

Lémbrome de pequeno, hai xa uns cantos anos daquela, xogar polas tardes de semana cós amigos na Alameda, entre tantos xogos dos que desfrutabamos de rapaces estaba o do trompo, xa daquela era algo case en desuso, e máis no meu caso que vivo na cidade, como dicia, levábase máis o tema das "bolas" ou canicas, do "pincho", tamén xogar ás chapas e por suposto o fútbol. Lémbrome de ter un trompo de buxo, moi forte, para os entendidos, os de madeira de buxo eran dos máis duros que habia,  tamén de ter perdido algún apostando cós amigos que xogaban moito mellor ca min, e de escachar algún contra o chan por non xogar na terra e ir de "listo" a tiralo no formigón ou na pedra. Hoxe lémbrome de todo iso porque este fin de semana é o San Martiño e tamén se celebra a terceira edición do "Dia do peón", o colectivo Brinquedia, a rede galega do xogo trdicional, organizou actos en moitos colexios de Galiza para que os nosos rapaces e rapazas non esquezan, que nun tempo no que non habia play-station nin ordenadores, todos xogabamos na rúa.

Chuzame! chuzame -

7 comentarios a “Polo “San Martiño”, trompos ao camiño.”

  1. o 2007-11-10 ás 7.25 pm 1.7stralos dixo …

    certo, e o mas curioso era como se trocaba de xogo, pasabase das bolas o trompo, futbol ou o pilla pilla, case sen darte conta e sen q ninguen o mandase era moi curioso.

  2. o 2007-11-10 ás 10.22 pm 2.breogain dixo …

    si, cando eramos rapaces calqueira cousa valia para divertirse, agora de máis vellos tamén temos diversións pero son algo diferentes, agora mesmo as miñas son andar en bici, xogar coa play e ir a Pasarón os domingos..jeje.

    un saúdo 7stralos :)

  3. o 2007-11-11 ás 5.25 pm 3.luis dixo …

    Eu tamén lembro a miña infancia que xogabamos a moitos xogos nos recreos, tiñamos unha lista, inventabamos xogos e cambiabamos cada día a un diferente… Era moi divertido, e non tiñamos consolas… Só cando apareceu a NES, cando tiña uns 12 anos foi cando comezamos un pouco cos videoxogos, pero non tanto coma agora os rapaces que pequenos… Unha mágoa! E eu sempre recordarei os “trompos”, encantabanme velos bailar e dar voltas, e tiña o seu truco, non era doado facelos xirar. Foi sen dubida un dos meus xogos favoritos.

    Unha aperta.

  4. o 2007-11-11 ás 7.39 pm 4.carmiña dixo …

    O problema é que agora moitos nenos non ten espazos para lecer con seguridade, moitos edificios, moitos coches, e pocos parques e escolas, nos agora na Parda temos moitos nenos que non teñen praza nos centros da zona… Se debería ter en conta á hora de facer plans urbanísticos… ¿non? A meu fillo se lle pones a tele o parque, elixe o parque ¡fixo!

  5. o 2007-11-11 ás 9.28 pm 5.breogain dixo …

    Carmiña, tés toda a razón, unha grande parte do problema que teñen os rapaces para xogar hoxe en dia é a falta de espazo nas cidades, nas aldeas e povos a cousa non parece tan grave, ademais de que ali a implantación de internet é moito menor, eu lémbrome de xogar de rapaz na alameda de Pontevedra, en Montero Rios ou mesmo na praza diante do Froëbel, que foi onde cursei a E.X.B.(agora lle chaman E.S.O seica), daquela habia por suposto moito menos tráfico, moitos menos ordenadores e consolas e a xente con calqueira cousa se divertia, hoxendia é todo moi diferente, e iso que o concello de Pontevedra está a facer parques infantís a esgalla e a zona monumental é toda peonil, será por sitio, máis ben penso eu que os costumes están a mudar e agora xa non se leva o de xogar na rúa, senón mira o dia de Reis o Paseo de Montero Rios, na miña mocidade aquilo era un mar de bicicletas, monopatíns e demais xoguetes, agora case que non hai ninguén.

    un saúdo a todos !!

  6. o 2007-11-11 ás 9.56 pm 6.deisler dixo …

    Eu era moi malo co trompo, por iso xogaba moito máis á pelota que se me daba mellor :D

    A Montero Ríos si que cheguei a ir algunhas veces có monopatín ,fai moitos ,moitos anos…
    Qué tempos aqueles :P

    Saúdos,

  7. o 2007-11-12 ás 3.45 pm 7.breogain dixo …

    deisler, eu tamén andiven có monopatin, despois xa veu a bicicleta de montaña e empecei a competir no Gonbel de Marin, a miña gran afección foi esa, adestraba horas e horas coa bicicleta..

    saúdos :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.