Cargando...

Axenda 15 Novembro 2007

Concentración anti-feixista e anti-racista en Pontevedra.

No dia de hoxe, vaise celebrar ás 19:30 horas e na Praza da Peregrina da nosa cidade, unha concentración de rexeitamento á agresión neo-nazi que tivo lugar o pasado fin de semana en Madrid, na que un rapaz anti-feixista de dezaseis anos foi asasinado no metro de Madrid  por parte dun xove neonazi, o agresor formaba parte dun grupo que acudia a unha manifestación organizada por "Democracia Nacional" baixo 0 lema "Contra el racismo anti-español y contra la inmigración", o rapaz morto vivia no barrio obreiro de Vallecas e recibiu unha puñada mortal nun vagón do metro madrileño cando acodia xunto con outros compañeiros á contra-manifestación.

Sirvan estas letras para lembrar a Carlos Javier Palomino, un rapaz inxustamente asasinado por defende-las súas ideas e para darlle tamén todo o meu apoio á xente de Vallecas, cós que  tiven a oportunidade de compartir unha tarde de cervexas e fútbol o ano pasado, con motivo do Rayo Vallecano-Pontevedra C.F. Tamén facer un chamamento para pedi-la ilegalización de partidos feixistas e falanxistas coma "Democracia Nacional", se ilegalizan a Batasuna ou Euskal Herritarrolk por apoloxia da violencia, tamén teñen que facer o mesmo con esta xente.

Antinazis mandan !!

Chuzame! chuzame -

2 comentarios a “Concentración anti-feixista e anti-racista en Pontevedra.”

  1. o 2008-01-05 ás 9.19 pm 1.Miguel dixo …

    Só existen os fascistas na dereita?. Non son igual de redicais os da extrema esquerda?.
    Claro que a dereita extrema debería desaparecer…pero o mesmo para a esquerda extrema.
    Xa estou farto de que todo quede englobado coa palabra “progre”.

  2. o 2008-01-05 ás 10.35 pm 2.breogain dixo …

    os radicalismos nunca son bos, nin de esquerdas nin de dereitas, a extrema esquerda maniféstase violentamente tamén, o mesmo que a extrema dereita, nas manifestacións e nas concentracións duns e outros sempre hai altercados, pero polo de agora son os de extrema dereita os que “cruzaron” a raia, eu non teño coñecemento de que ningún militante de “democracia nacional” de “falanxe española” ou de “Alianza nacional” fora asasinado por anti-fascistas ou por militantes de extrema esquerda, o problema é de ámbalas dúas partes, pero o que máis me preocupa é que os fascistas e os nostálxicos do antigo réxime franquista teñen cobertura política por parte dalgúns, preocúpame moito que a dereita española nunca condene nin lamente os movementos e as accións desta xente, pode ser porque teñen alí unha grande bolsa de posibles votos, porque nunha hipotética chamada ao voto útil, esa xente poderia votar a un partido “nacional” como pode se-lo Partido Popular, de todos é coñecido a simpatia por datas pasadas que profesan algúns dentro dese partido, véxase a famosa foto (será un fake?) do señor Zaplana
    http://www2.elplural.com/media/0000003500/0000003675.jpg
    ou as declaracións de Mayor Oreja.

    Un saúdo.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.