Cargando...

Deportes 14 novembro 2007

Esta noite xogamos contra o Zaragoza.

Hoxe non temos excusa, haberá que apurarse un pouco ao sair do choio para coller sitio, tomar unha cervexa rápida na Pallota e coller un bocata tamén, porque sairemos a iso das dez e pico e haberá fame daquela, o dito, haberá que darse presa porque de seguro que seremos moitos os que acudiremos á chamada do equipo e o Municipal de Pasarón acollerá unha boa entrada, todos queremos ver aos granates enfrontándose a un equipo da L.F.P, un equipo da mellor liga do mundo, tamén e porque non, teremos algo de curiosidade por ver aos Ayala, Aimar ou Milito, algo que non estamos acostumados a ver dende hai moitos anos polo barrio do Burgo. Está claro que a Copa de "El Rey" non é a nosa guerra, o obxectivo básico e principal que temos é o ascenso, e nesa batalla é onde temos que poñer todo o noso empeño, pero tampouco estaria de máis pasa-la eliminatoria, ou alomenos gañarlle na casa a un primeira, por soñar que non quede.

Sorte granates !!

Chuzame! chúzame -

10 comentarios a “Esta noite xogamos contra o Zaragoza.”

  1. o 2007-11-14 ás 10.47 pm 1.Brugal con Cola dixo …

    Toma Moreno !!

    Pontevedra 1
    Zaragoza 0

    Gol de Victor Ormazabal tras jugadon de Xavi Moré!!!

    A Zaragoza hemos de ir!!

  2. o 2007-11-14 ás 11.33 pm 2.deisler dixo …

    Claro que sí !!!

    Qué ganas de estar allí celebrándolo con el resto de granates, pero mi alegría es igual de inmensa en la distancia…

    GRANDE Pontevedriña !!! Siempre contigo, en las buenas y en las no tan buenas…

  3. o 2007-11-15 ás 2.49 am 3.luis dixo …

    ¿Que gañou o Pontevedra!!!!!!!?? Me cago en rosssssss… Sempre que estou fóra me perdo o mellor! Caghi na Inglaterra! Pontevedra, hai que roeloooos! Unha aperta!

  4. o 2007-11-15 ás 3.30 pm 4.breogain dixo …

    impresionante rapaces, tremendo partido, non houbo un xogo espectacular, pero o que si houbo foi intensidade, a bancada de norte a rebentar, espectacular ambente, a xente sentada nas escaleiras e tamén de pé, o xa non digo nada cando marcou Victor, unha explosión de alegria INCONMENSURABLE….unha das mellores experiencias que vivin en Pasarón xunto có dia do Lorca, en fin, o que tiñamos que facer está feito, gañámoslle a un PRIMEIRA DIVISIÓN cós titulares, agora que nos “quiten lo bailao”, supoño que a cousa non estará tan doada na Romareda, pero alomenos haberá que tenta-lo milagre, ogallá teñamos sorte.

    Un saúdo a todos, os que vivimo-lo partido e tamén aos que estades na distancia, hoxe é un grande dia para tódolos granates !!!

    apertas

  5. o 2007-11-15 ás 7.19 pm 5.la granate belen dixo …

    AUPA PONTEVEDRA!!! hoy soy la granate mas feliz del mundo haber estado ayer en el campo viendo en directo como el equipo de mi corazon le ganaba al zaragoza no tiene precio si ya estaba orgullosa de mi equipo ahora lo estoy mucho mas granate hasta la muerte.PONTEVEDRA CADA DIA TE QUIERO MAS!!!!VAMOS GRANATE A POR ELLOS!!!!

  6. o 2007-11-15 ás 9.19 pm 6.breogain dixo …

    tremendo, foi tremendo, estou agardando ao vindeiro partido na casa para brindarlles unha ovación de gala :)

    saúdos

  7. o 2007-11-16 ás 7.45 pm 7.deisler dixo …

    breogain, yo se la daré de tu parte en el Cerro del Espino el domingo por la mañana…

    Y si despues ganan el partido, ya ni te cuento :P

  8. o 2007-11-16 ás 8.17 pm 8.breogain dixo …

    Fenomenal Deisler, iso si que é unha afición, pois nada, animade moitos aos granates contra os do Atlético de Madrid B este domingo, a ver se temos sorte e comezamo-lo despegue definito cara aos postos de cabeza, que é onde temos que estar con este equipo, inda que sigo pensando que estamos algo peor có ano pasado, non sei, non me acaba de convencer a xente nova que chegou….e da afección nin te conto, somos tremendos, pero a bancada de norte perdeu moito, non hai o ambente de hai dous ou tres anos.

    un saúdo e que teñamos sorte !!

  9. o 2007-11-19 ás 2.28 pm 9.Alex dixo …

    Parabéns Ponte-vedra!
    Saude desde Vigo.

  10. o 2007-11-19 ás 3.40 pm 10.breogain dixo …

    Alex, graciñas por todo, eu estou contigo tamén, ogallá o Celta de Vigo volte a subir á Primeira división este vindeiro ano. Eu son dos que paso dos localismos estúpidos que non fan máis que dividir aos galegos e galegas e facernos máis febles, ogallá estivéremos todos arriba e ben arriba, polo de agora conténtome con que subades vós e tamén subamos nós, pouco a pouco. Por certo, en Vigo estarei en Nadal, para ver á nosa selección xogando contra Camerún.

    saúdos !!

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.