Actualidade 13 novembro 2007
“Prestige”, nunca máis !!
13 de Novembro, hoxe cúmprense cinco anos da catástrofe do petroleiro "Prestige", cinco anos dun verquido que asolou unha vez máis as nosas costas e que orixinou a maior catástrofe ecolóxica da nosa historia.
Lémbrome ben da data porque viña de volta dunha viaxe pola Costa da Morte precisamente, serian ao redor das tres da tarde cando na radio do coche escoitei a mala nova, polo visto un petroleiro chamado "Prestige" acababa de mandar un aviso de socorro diante da costa galega, un petroleiro de tantos que pasar por diante do cabo Fisterra pensei, aquela noite anterior houbera unha gran treboada no mar e o barco tiña unha fenda moi importante no casco, un monocasco claro, rapidamente viñéronme á cabeza varios nomes; Casón, Andros Patria, Urquiola, Mar Egeo.. unha lista que parecia interminable, agardemos que non volte a pasar nunca máis, polo noso ben e polo ben do noso mar, os galegos e galegas non nos merecemos isto outra vez.
chúzame -







o 2007-11-13 ás 8.18 pm 1.luis dixo …
Foi de verdade horrible, lembro sobre todo os peores momentos, cando o chapapote xa asolara toda a Costa da Morte, e comezaba a chegar as Rías Baixas. Teño grabada na memoria ese momento porque me atopaba en Santiago, na residencia universitaria, e estabamos todos os estudantes en silencio mirando a televisión e non dando crédito ao que veíamos. Tan só lembro outro día coma este, que foi o 11-M.
Espero que non volva a ocurrir outro Prestige, e se ocorre que non se tomen as mesmas erradas medidas que no se seu tempo tomou o goberno de Aznar, nin a desinformación daqueles días (Rajoy: “Tan sólo son unos hilitos…”. Cacho morro gastaron!
o 2007-11-14 ás 12.54 am 2.breogain dixo …
en fin, foi todo moi triste, fixéronse moitas cousas mal, pero laiarnos non serve de nada, o que temos é que estar preparados, porque desgraciadamente non será a do Prestige a derradeira vez que un barco afundirá diante das nosas costas, cada anos miles de barcos viran o Cabo de Fisterra para baixar cara ao sul de Europa, a maioria chatarras flotantes, barcos monocasco que son bombas de reloxeria á mercede das inclemencias do tempo, ogallá teñamos algun dia tódolos medios de prevención necesarios e por suposto competencias en seguridade marítima, sei que isto é dificil, porque non estado español ninguén as ten e seriamos os primeiros, pero tamén temos moitos quilómetros de costa e a maior frota pesqueira de Europa e das máis grandes do mundo, temos máis posibilidades que ninguén de sufrir percances.
un saúdo.