Cargando...

Historia 17 decembro 2007

Bibiano Fernández Osorio-Tafall, alcalde republicano de Pontevedra.

Moitos dos meus veciños de Pontevedra, posiblemente non lembrarán a figura de Bibiano Fernández Osorio-Tafall (1902-1990), sirvan pois estas letras coma unha breve semblanza da súa persoa e da súa vida. 

Osorio-Tafall foi alcalde da nosa cidade alá polo ano 1930 cando militaba na ORGA, en tempos da II República, foi tamén un importante impulsor do noso estatuto de autonomia no ano 1936, este ilustre galeguista que chegou a ser deputado nas Cortes dúas veces, no ano 1931 e 1936, presidiu a Deputación de Pontevedra e chegou a ser subsecretario xeral da O.N.U. Era doutor en Ciencias Naturais e catedrático na mesma materia nun instituto de Pontevedra, foi un militante republicano comprometido coa súa causa e por mór diso, e logo da derrota do seu bando na Guerra Civil Española, exiliouse en México onde tamén chegou a ser mestre na súa Universidade Autónoma e no Instituto Politécnico Nacional, incorporouse ás Nacións Unidas no ano 1948, posto desde o cal levou a cabo as operacións de pacificación no Congo e no conflicto de Chipre, xubilouse como sub-secretario xeral da organización. Posteriormente, e unha vez rematado o rexime franquista, foi convidado por Adolfo Suárez a participar no primeiro periodo da Autonomia galega, oferta que rexeitou.

Penso que é importante coñece-la nosa historia, a recente e a pasada, e Osorio-Tafall foi unha persoa moi importante da nosa historia local e colectiva, alcalde da nosa cidade aos 28 anos, chegou a ser o funcionario do Estado Español con máis alto rango nas institucións internacionais e un emblema do antifeixismo internacional, asi coma un dos persoeiros máis relevantes do século XX. Se tedes curiosidade pola súa vida, hai un video editado pola Deputación de Pontevedra e titulado "As claves do enigma, Tafall entre tres mundos" que describe a vida deste home no convulso e violento momento que lle tocou vivir.

Chuzame! chúzame -

15 comentarios a “Bibiano Fernández Osorio-Tafall, alcalde republicano de Pontevedra.”

  1. o 2007-12-17 ás 11.13 am 1.Brugal con Cola dixo …

    Buenísmo, Breogain, buenísimo post.

    No conocía yo esta etapa de la ciudad, por desgracia, pero gracias a ti comienzo a saber un poco más sobre ella.

    Saludos

  2. o 2007-12-17 ás 3.15 pm 2.Sísar dixo …

    Breogain muy buen post. Yo llevo tiempo pensando en dedicar post a los personajes que llevan nuestras calles, desde que se inauguró la calle Antón Fraguas, natural de Cotobade.

    Desconocía a este señor pero es todo un ejemplo para los jóvenes que a esa edad llegara a ser alcalde. No sé que cosas logró para nuestra ciudad pero si Diputación y Concello se unieron es que hizo muchas y creo que se merece una calle en esta ciudad, no?

  3. o 2007-12-17 ás 5.22 pm 3.Zyrtec dixo …

    Sisar: Este importante personaje de la historia ya tiene una calle con su nombre en Pontevedra, està en
    la zona del entronque de la Avda. de Vigo con Fernando II y asciende hacia nuevas urbanizaciones de la zona del 5º instituto.

  4. o 2007-12-18 ás 3.25 pm 4.breogain dixo …

    Foi unha personaxe moi importante da historia da nosa cidade e como tal estaba na obriga de adicarlle unhas palabras, hoxendia penso que xa non quedan políticos desa caste, non é que estexa algo decepcionado coa clase política actual, pero penso que cada dia están máis para traballar por eles que para facelo polos cidadáns, que ao fin e ao cabo son os seus valedores e os que depositaron a confianza en eles. Como ben dicia Zyrtec, Bibiano Osorio xa ten unha rúa cós eu nome na cidade, e voltamos ao lio do rueiro de Pontevedra e calqueira vila, é preciso porlle nome de persoeiros políticos ás rúas, eu penso que neste caso si, porque ademais de alcalde foi un moi alto mandatario a nivel mundial, outra cousa é o dos militares, que como xa temos falado e estabamos dacordo, non debian darlle o seu nome ás rúas.

    Un saúdo a todos.

  5. o 2007-12-18 ás 5.31 pm 5.luis dixo …

    Moi interesante esta entrada que publicaches. A verdade é que non sabía nada sobre Bibiano Osorio, se teño que ser franco, nin tan sequera o seu nome. Pues grazas por este apunte histórico, nunca está de máis lembrar os que un día axudaron a construir e facer o que é hoxe o noso país. Un saúdo!

  6. o 2007-12-19 ás 5.20 pm 6.M. dixo …

    Felicidades por el post, Breogán. Interesantísimo que acerques aquí la figura de Bibiano Osorio-Tafall, un hombre con una historia apasionante de la que espero poder dar algún día detalle con la complicidad de sus familiares. Gracias por añadir la información de ese libro. Un saludo.

  7. o 2007-12-19 ás 6.33 pm 7.Sísar dixo …

    Gracias por la info Zyrtec. Me parece un gran desconocido para los jóvenes de nuestra ciudad, entre mis amigos ni uno sabía de él. Leeré algo más sobre su persona.

    Saludos

  8. o 2007-12-19 ás 9.32 pm 8.breogain dixo …

    Graciñas Manuel, como xa dixen anteriormente penso que foi unha moi importante persoa na historia da nosa cidade e por extensión da política e da sociedade do seu tempo, vinme case na obriga de poñer en coñecemento de todos e todas eses datos, porque estaba case seguro que moitos dos meus veciños descoñecian a súa figura.

    Por certo, visito con bastante asiduidade o teu blog e tamén leo a túa columna no Diario, unha aperta.

  9. o 2007-12-25 ás 5.48 pm 9.Jorge cubela dixo …

    Moi bo post.
    É unha pena que a figura do señor Osorio sexa descoñecida na nosa cidade, ata o grande de Adolfo Suarez o convidara a a opinar sobre o proceso autonómico en Galicia.

    Home de vasta cultura e de gran conciliación política. Oxalá tódolos homes foren coma el.

    Estimado Breogain, ti dende o centro-esquerda e eu dende o centro-dereita temos posicións ben parecidas.

    Unha aperta

  10. o 2007-12-27 ás 3.23 pm 10.breogain dixo …

    Ola Jorge;

    terei que pasarme polo teu blog a botarlle unha ollada, de tódalas maneiras, inda lle estou a dar voltas ao que afirmaches de que defendo as ideas de centro-esquerda, eu sempre pensei que máis ben era de esquerda “pura e dura” e máis nacionalista que galeguista, polo de agora non me estou a replantexar nada, pero quén sabe, un có tempo e cós anos vaise ablandando, pasoulle a un bo amigo meu, que de xove era nacionalista e agora máis de maior é de centro ou máis ben de dereitas convencido, tamén pode influir que se convertira en empresario…jaja.

    un saúdo.

  11. o 2008-01-04 ás 9.08 pm 11.Joaquín dixo …

    Non é un libro, é un documental. Ademais de alcalde da nosa cidade foi importantísimo no proceso autonómico de Galicia, o que triunfou pouco antes da guerra civil. Comunista e sempre defensor do terceiro mundo. Interesante

  12. o 2008-01-05 ás 2.02 pm 12.breogain dixo …

    Joaquin, moitas gracias polo apuntamento, pensei que era un libro pero ti sacáchesme de dúbidas, consulteino na web da deputación de Pontevedra e efectivamente é un video sobre a súa vida editado por eles, concordo contigo en que foi unha persoa moi importante, tanto na política local coma na galega e na internacional, un anti-fascista y un home extraordinario.

    Edito o post para correxir o do libro e indicar que é un video e tamén para falicitarvos a todos o sitio onde conseguilo por se tedes interese.

    saúdos

  13. o 2008-03-08 ás 2.47 am 13.Astiado dixo …

    pódese saber por que pon “Las Claves Do Enigma” no título do libro?

    Non acabo de entender por que carallo escribe en castrapo se tanto defende a nosa Terra.

    Comprometido si… pero non sei quen foi o gracioso que lle publicou a portada.

  14. o 2008-03-08 ás 9.25 am 14.breogain dixo …

    Ola Astiado

    Pois agora que o dis non sei logo cómo deberia de pór na portada, eu pensei que o título estaba ben posto, de tódalas maneiras supoño que quén mandou ao prelo este libro foi a Deputación de Pontevedra, supoño que eles serian os encargados da traducción e maquetación do mesmo, pero a ciencia certa non o sei, inda que segundo apuntou Joaquin na resposta número 11 trátase dun documental.

    un saúdo e graciñas por pasarte por aqui.

  15. o 2008-04-12 ás 1.27 am 15.Adrião Solovio dixo …

    Parabens pelo seu blogue. Tivem a oportunidade de conhecer ao senhor Tafall, conhezo tambem aos seus filhos; o professor da Facultade de direito da USC, Jose Ángel Fernandez-Arruti, ate bem pouco tempo presidente do Liceo Casino de Ponte Vedra, ao doutor Manuel Fernández-Arruti e a professora Mº del Carmen Fernandez-Arruti que impartíu aulas no liceu Sanchez Canton.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.