Cargando...

Actualidade 21 novembro 2007

Os furanchos estarán regulados pola Xunta.

E sen tempo non era, o conselleiro de Industria da Xunta de Galiza, Fernando Blanco, en colaboura coa Conselleria de Medio Rural, presentaba o pasado luns ante os medios de comunicación na cidade de Santiago de Compostela, o que será o decreto autonómico para a regulación da actividade dos furanchos, eses lugares onde moitos de nós teremos pasado algunha que outra noite tomando algo cós amigos, en principio un viño da casa con algún acompañamento frio do tipo duns chourizos ou ben queixo, pero que ao final remata sendo tamén tortilla, un revolto, unha zorza ou algo máis preparado todavia. Por fin vaise regular este desbaraxuste que ben sendo o tema dos "furanchos" ou "loureiros" (depende da zona), pasarán a ser considerados establecementos turísticos de restauración, terán que cumprir unhas normas básicas de iluminación e ventilación, o viño terá que ser exclusivamente da casa e sen embotellar, e os alimentos non poderán ser preparados no propio local, pode que con isto os furanchos perdan o seu encanto, pero os clientes gañaremos en seguridade e hixiene, iso seguro, inda que supoño que rematará encarecendo o prezo, e ao final virá sendo o mesmo ir a tomar unha tapas a un furancho que a unha taperia calqueira.  Terán tamén que ter un seguro de reponsabilidade civil e rexirse pola normativa municipal en calqueira caso, isto claramente é unha moi boa nova para os hostaleiros tradicionais, posto que o negocio do furancho, inda que viña sendo de tres ou catro meses ao ano nada máis, era unha competencia desleal en toda regla.

Pola zona de Pontevedra e arredores teño visitado uns cantos, un en Marcón, outro en Seixo (Marin) e sei de outro en Poio e na parroquia de Alba, supoño que o decreto estará listo para o vindeiro verán e con este regulamento rematarán as desputas entre hostaleiros e furancheiros

Chuzame! chúzame -

2 comentarios a “Os furanchos estarán regulados pola Xunta.”

  1. o 2007-11-23 ás 10.22 am 1.carmiña dixo …

    A verdade que esto dos furanchos habíase salido de nai (traducción chapuceira da expresión en castelán) é un acerto que os regulen. Eu fun a un en Vilaboa, cerca do viaducto, con mariscada incluida e os camareiros tiñan un de esos blocs electrónicos para apuntar os pedidos. Pero o aseo era igualiño co dos furanchos de verdade, podías pillar calquer cousa…. Era unha competencia desleal para os hosteleiros da zona, porque había unhas colas que nin te conto.

  2. o 2007-11-24 ás 12.08 am 2.breogain dixo …

    o tema dos furanchos ten a súa parte boa e mala claramente, a boa para nós, os consumidores, unhas tapas normalmente ben xeitosas e a uns prezos máis asequibles e a mala para os demais hostaleiros, que ven neles unha competencia desleal e teñen razón, agora, e polo que puiden escoitar hoxe na radio, os propietarios de “loureiros” da zona de Sanxenxo vanse xuntar nunha asociación para facer fronte ao decreto da Xunta de Galiza, polo visto no morrazo xa fixeron outra asociación, para o vindeiro verán a cousa prevese quentiña…

    un saúdo.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.