Cargando...

Actualidade 20 novembro 2007

Estaremos ante o derradeiro 20-N ?

Calqueira que hoxe ollara un xornal, escoitara a radio ou acendera a televisión saberá, que tal dia coma hoxe hai 32 anos morreu o ditador Francisco Franco Bahamonde, galego para máis señas e para a nosa desgraza. Pero é tamén moi probable que este 20-N non sexa como tódolos anteriores, é máis que probable que o deste ano sexa o derradeiro no que se poida facer exhibición, exaltación e o que considero peor, celebración dun dia coma éste, porque polo visto e segundo a nova lei da memória histórica -da que xa comentara algo o dia da hispanidade nestas mesmas páxinas-, estará prohibida toda celebración de actos de exaltación e exhibición da simboloxia franquista, iso tamén inclúe aos nostálxicos que hoxe en calqueira telexornal poidestes ver no "Valle de los caidos" lembrando ao caudillo ou ao xeneral Primo de Rivera. Na nosa cidade o 20-N chega cando estamos a debater a retirada ou non da cruz dos caidos da Alameda, un conxunto pétreo de nulo valor escultórico chamado "Monumento al soldado desconocido", un mastodonte que temos ao final do Paseo de Montero Rios e que impide ve-la ria de Pontevedra, un monumento construido no ano 1985 e que hoxe non ten razón de ser, na miña opinión, por ser unha oda ao militarismo e fomenta-la división entre os cidadáns.

Por último reclamar unha vez máis, que o Pazo de Meirás sexa patrimonio de tódolos galegos e galegas, manifestar que ese edificio e as súas leiras colindantes foron roubadas no seu dia aos veciños, e se ben nas escrituras figurará como lexítima propietaria a familia Franco, os cartos cós que o pagaron foron obtidos de entre veciños, funcionarios ou alcaldes da época de forma ilexítima, non foi un agasallo, foi un roubo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

8 comentarios a “Estaremos ante o derradeiro 20-N ?”

  1. o 2007-11-20 ás 5.23 pm 1.Luis dixo …

    Se queres que che diga a verdade todos eses que van ao Valle de los Caidos parecenme pateticos, un conxunto de nostalxicos (como podes te nostalxia dunha dictadura, mira que hai que ser burro!), e estou seguro que esa pobre xente non son moi listos, pero bueno, cada un fai o que quere… Pareceme ben que se proiba toda exaltacion do fascismo, ou ideoloxias semellantes; non podemos permitir que nun pais democratico se defendan ideas totalitarias e excluintes.
    En canto ao da cruz do paseo de Montero Rios a min dame igual, a verdade. A simboloxia non a relaciono co franquismo en absoluto, e en canto a que fai unha referencia explicita ao exercito, pois, home, a min o exercito non me gusta nada nada, e tampouco os militares, pero suponho que non todo o que e parte de exercito sera mala persoa, digo eu. E se hai que ser franco (upps, palabra perigosa!), no mundo no que vivimos actualmente non se entende un pais sen o seu exercito.
    Pois iso, a cruz dame igual, pareceme feisima, iso si, nunca me gustou (e digo a parte puramente estetica, sen entrar en simbolixias), e a verdade, se a quitaran do medio non a botaria nada de menos.
    E nada mais!!! Un saudo!

  2. o 2007-11-20 ás 6.56 pm 2.Sísar dixo …

    Hombre tanto como división… Estuve leyendo y en su día levanto polémica por el gran parecido de uno de las hombres esculpidos con el alcalde de la época jaja

    Se levanto justamente para acabar con la división. Antes había una cruz de los caídos y se sutituyó por el Monumento al Soldado desconocido uniendo a todos los bandos ya que no hace referencia a nadie en concreto.

    Si de verdad representa todo eso que dices estaría de acuerdo contigo. Quizá requiera un debate más profundo entre las partes para que nos expliquen realmente a que representa.

  3. o 2007-11-21 ás 3.33 pm 3.breogain dixo …

    A min persoalmente, a cruz nunca me gustou, lémbrome tamén dos ataques que tivo, pintadas e todo iso, eu considéroo un monumento “militar” e como tal pois non vexo a súa razón de ser e de estar na nosa cidade e en ningunha outra. Son dos que penso que hai que trazar unha liña moi clara entre a vida civil e a vida militar ou castrense, eles alá estén nos seus acuartelamentos e alí teñan cantas efixies, monumentos ou bustos queiran, nas cidades nada de nada, as cidades son das persoas, non dos militares.

    un saúdo aos dous.

  4. o 2007-11-21 ás 9.46 pm 4.Sísar dixo …

    Pues estoy de acuerdo con tu razonamiento entre separar civil y militar, nunca lo había visto así. Ahora yo no soy partidario de ponerme a quitar los que ya están a no ser que ofendan a alguien en concreto. Muchos forman parte de la historia de muchas villas

  5. o 2007-11-21 ás 9.50 pm 5.deisler dixo …

    buenas !

    breogain,leyendo tu comentario, no entiendo muy bien tu última frase (“as cidades son das persoas, non dos militares”) o igual es que la he interpretado mal…yo ni soy militar, ni tengo ningún tipo de vocación de ese tipo, pero de ahi a no considerarlos ni personas…no se ,me parece un poco fuerte no?…conozco algunos a los que considero muy buena gente, aunque no comparta lo que les haya llevado a elegir esa profesión…

    Como siempre, es una opinión, cada cual tiene la suya, y para gustos, los colores :-P

  6. o 2007-11-22 ás 11.31 am 6.breogain dixo …

    Sísar: Parece mentira que tendo (en principio) concepcións diferentes da política, teñamos unha mesma opinión moitas veces, pode ser que eu me estexa alonxando cada dia máis das posicións máis esquerdistas ou que ti te estexas tamén alonxando cada dia máis da dereita e viaxando cara ao centro :) e no que dis de retirar cousas, pois estou dacordo en que as que ofendan por suposto que si, e nas que inda que non ofendan, si aludan ao militarismo, pois eu estou dacordo en que as retiren, e unha cruz coma a da Alameda de Pontevedra lémbrame demasiado ao “Valle de los caidos”, que construironno os que gañaron có esforzo dos que perderon.

    Deisler: tes razón, pode que a forma de expresarme non fora se cadra a máis correcta, referíame que as cidades son para os “civís” e non para os “militares”, o seu sitio é dentro dos acuartelamentos, por suposto que os militares tamén son persoas, e máis cando saen pola porta para fóra vestidos de “calle”, persoas coma outra calqueira inda que non comulgue moito có que fan, e vos fala unha persoa que fixo o servizo militar (máis que nada porque era máis rápido que a P.S.S.)en Valladolid (Pucela para uns ou Fachadolid para outros)

    un saúdo aos dous.

  7. o 2007-11-22 ás 3.13 pm 7.Sísar dixo …

    Sentido común Breogaín jaja

    Yo te entendí perfectamente, los méritos militares corresponden al ámbito militar y no civil. Estoy reflexionando sobre ello.

    Por otra parte tb me gustaría comentar que los ejércitos hoy en día no tienen la función que tenían antaño y funcionan como garantes de los derechos civiles. En catástrofes, ayudas humanitarias, mediadores de conflitos internos, etc. Han evolucionado mucho e incluso la gente sale con una formación al termianr su carrera militar.

    Saludos

  8. o 2007-11-23 ás 8.49 am 8.breogain dixo …

    iso mesmo digo eu, o sentido común que cós anos vainos chegando a todos….jeje. Por certo, que “lo cortés no quita lo valiente” e alédome que a expedición da Brilat, que chegou onte, viñera do Líbano sen ningunha baixa.

    un saúdo !!

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.