Deportes 4 decembro 2007
O circuito galego de velocidade.
Non sei se lembraredes que moitos galegos e galegas levamos anos xa coa teima de conquerir un circuito galego de velocidade para a nosa terra, moitos de nós ao berro de "Circuito galego xa" levamos tempo e tempo solicitando dos nosos políticos e governantes que Galiza teña o que lle corresponde, e non digo por dereito, que non estou a falar da débeda histórica, senón por afección, porque en todo a zona noroeste do Estado español non hai ninguén con máis afección aos rallies e ao mundo do motor que os galegos. Se mal non me lembro, algún partido político que concorre ás eleccións á Xunta de Galiza chegou a levar no seu programa a creación dun circuito de velocidade, non estou seguro de quén, asi que non darei nomes, pero comezouse a falar do tema hai máis de dez anos, cando saiu á luz a plataforma "Circuito galego xa", que engloba a escuderias e afeccionados galegos que teñen este mesmo obxectivo. Digo isto porque hai dias que saiu unha nova na Voz de Galicia na que os socialistas galegos acusaban ao señor Louzán, actual presidente da Deputación de Pontevedra, -o mesmo que dixo que eles eran os que de verdade governaban Pontevedra (sic)- de empregar o tema do circuito de velocidade coma ariete contra o governo da Xunta, porque polo visto agora tamén os do Partido
Popular están coa teima de face-lo circuito, algo polo que nunca mostraron demasiado interese, neste troco de parecer supoño que algo terá que ver a proximidade das eleccións. Persoalmente penso que un circuito custaria moitos millóns, iso é certo, pero tamén daria un servizo a esa mocidade que quere correr cós coches, (ollo, non digo que os accidentes vaian a rematar) poderíase facer coma nos circuitos alemáns, aluga-la pista e botar unhas carreiras con seguridade, tamén ia valer para que a Citroën probara os seus vehículos, para face-los campionatos de marcas e moitas competicións máis que xerarian importantes ingresos e taparian ese oco que agora mesmo temos, moita afección, moita canteira de pilotos pero ningún sitio onde poder darlle saída a todo isto.
Agardo que os nosos políticos, que de cando en vez se poñen dacordo para algunha cousa, traballen xuntos para acadar ese obxectivo, polo visto xa falan dunha posible ubicación en terreos de Mondariz ou Pazos de Borbén para o 2008, veremos que acontece.
chúzame -







o 2007-12-04 ás 5.41 pm 1.Sísar dixo …
La Diputación aprobó hace dos años una partida de 50.000 euros para realizar el estudio de viabilidad de un circuito de alta velocidad entre los municipios de Mondariz y Pazos de Borbén.
Ahora no recuerdo bien como está el tema pero creo que para arriba ya que Citroen va a costear parte del mantenimiento porque le es muy necesario para sus prácticas de simulación. Y Citroen manda mucho en esta provincia asi que…
o 2007-12-04 ás 7.30 pm 2.Marcote dixo …
Tamén andivo Verín á gresca, pero nengún dos dous parece qe se vaian consolidar nos próximos anos.
o 2007-12-04 ás 7.34 pm 3.carmiña dixo …
A mi non me gusta correr, pero penso que si eso vai facer que a xente corra ali e non haia mais accidentes, pois venvido sexa. E se ainda Citroen vai a costear o seu mantemento, mellor.
De todas formas, penso que as carreiras son un deporte elitista, que non está a altura do común dos mortais.
o 2007-12-04 ás 9.55 pm 4.breogain dixo …
Sisar: Paréceme fenómeno que vaia para adiante o tema, se hai partida orzamentaria entón a cousa vai en serio e alédome por iso..
Marcote: Tamén teño oido o de Verín, tanto coma Silleda, Cerceda e algunha vila máis, pero ao final penso que será pola zona de Mondariz polo visto, fica perto de Vigo e do Xeral Cies que non sei se ten unidade de queimados, posto que é un dos requisitos imprescidíbeis para ter competicións internacionais e todo iso, agardemos que se faga ao final.
Carmiña: Se unha cousa teño ben clara é que o feito de facer un circuito de velocidade non rematará cós accidentes en Galiza, iso seguro, o problema vai moito máis alá, hoxe mesmo lin nos xornais que os tres partidos políticos do parlamento galego van solicitarlle ao governo español que transfira dunha vez as competencias en tráfico ao governo autonómico, polo visto a policia autonómica velará pola seguridade das nosas estradas en catro ou cinco anos, cando estexa totalmente despregada, é de supor no caso que nos transfiran as competencias claro.
un saúdo !!
o 2007-12-04 ás 10.55 pm 5.Sísar dixo …
El otro día leí que en esta legislatura ya no daba tiempo a crear la policía autonómica propia. ¿Sabéis como está el asunto?
o 2007-12-04 ás 11.30 pm 6.breogain dixo …
Sisar, polo visto a Academia de formación de policias locais e autonómicos da Estrada está a traballar a pleno rendemento pero o despregue definitivo da policia autonómica (a cal inda non ten nome)será en cousa de tres ou catro anos alomenos, cando teña algunha competencia máis das que ten agora, que case son testimoniais…
un saúdo.