Cargando...

Internet 3 decembro 2007

“A nosa terra” renóvase e será diario.

Forma parte da historia galega, o semanário "A nosa terra", que naceu alá polo ano 1907 como voceiro das Irmandades da Fala e posteriormente do Partido Galeguista vaise renovar, e faino despois de 100 anos sendo un referente para o galeguismo e o nacionalismo galego, segundo contaron en diversos medios, o semanário pasará a ser un xornal diario, primeiramente en formato dixital e logo é de supor que en formato impreso, pero supoño que iso tamén dependerá da aceptación que teña o novo proxecto e dos cartos dos que dispoñan.

Ogallá teñan sorte nesta nova xeira, sempre cómpre ter varias referencias para formar unha opinión e éste novo xornal estará en funcionamento a partires do vindeiro 4 de Nadal.

Chuzame! chúzame -

2 comentarios a ““A nosa terra” renóvase e será diario.”

  1. o 2007-12-03 ás 9.51 am 1.Luis dixo …

    Moi boa nova, gracias pola informacion! Pareceme moi interesante que haxe un xornal mais, ainda que sexa por internet! Coma ben dixeches e conven ter sempre varias referencias para facerse unha boa idea da realidade. Por iso leo sempre uns tres periodicos ao dia, todos por internet por suposto! (aqui en Inglaterra e un pouco dificil atopar “La Voz” ou “El Pais” ou “El Mundo”. Pois nada, que tenha moita sorte, eu incluireino dentro dos meus enlaces.

    Un saudo!

  2. o 2007-12-04 ás 3.21 pm 2.breogain dixo …

    Por suposto que un novo xornal sempre é unha boa nova, e máis se é de información galega, o máis próximo a nós, agardo que lles vaia ben neste novo camiño que están a encetar e que dure moitos anos, terán unha dura competencia pero supoño que haberá un oco para tod@s, alomenos no aspecto ideolóxico teñen o seus lectores asegurados.

    un saúdo.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.