Internet 11 decembro 2007
Marisco on-line, os galegos estamos en todo.
Parafraseando a aquel spot televisivo que botaban hai tempo na televisión, "chegamos a onde ninguén chega", os galegos facemos algo semellante, todo é que nos propoñamos algúnha meta, acadala é so cuestión de tempo. Unha das últimas novidades do negocio on-line é a venda de marisco via internet, xa hai varias páxinas web's funcionando e ofrecendo tanto produtos do mar, coma bebidas e outras "viandas" galegas. Segundo puiden ver nas páxinas de Mariskito, Cetárea Burela ou demarisco.com (e hai unhas cantas máis), a forma de encargalo e sinxela de todo e son enviadas á casa do cliente ao dia seguinte, por transporte urxente refrixerado, vamos todo un luxo "asiático", asi calqueira persoa, sobre todo
de fóra das nosas fronteiras, refírome por exemplo á Meseta ou ao Levante, pode ter na súa casa unhas centolas, unhas cigaliñas e un par de botellas de albariño con so facer unha chamada de teléfono e nunhas horas.
E inda con estas, algún haberá por ahi que diga que internet non é unha ferramenta útil para vender.






