Cargando...

Caixón de xastre 9 decembro 2007

¿”Bon Nadal” ou “Bo Nadal”? señores do Concello de Poio.

casal-de-ferreiros.JPG

Pois dame a impresión de que no Concello de Poio (B.N.G./PsdG.) non o teñen moi claro, a foto non é de moi boa calidade pero a intención era mostrarvos o que inda hoxe está a acontecer nas nosas rúas, unha mostra do pouco esforzo que poñen algúns en normaliza-lo noso idioma, e logo queren que o galego avance terreo e gañe falantes, pois por este camiño mal imos. Agardo que esta denuncia chegue ás mans da Concelleria de cultura ou do departamento de normalización lingüistica e saiban rectificar, a forma correcta en galego é Bo Nadal, a súa homónima en portugués seria Bon Natal, pero a forma que puxeron vostedes non ten nin pés nin cabeza.

Chuzame! chúzame -

7 comentarios a “¿”Bon Nadal” ou “Bo Nadal”? señores do Concello de Poio.”

  1. o 2007-12-09 ás 8.20 pm 1.carmiña dixo …

    Asin noo hai forma de falar e escribir galego correctamente… ¿non?
    Non se cambia con moita frecuencia de normativa, o que antes era correcto agora non ¿o esa a impresión que me da a min que son profana na materia?

  2. o 2007-12-09 ás 8.40 pm 2.breogain dixo …

    a ver, o problema aqui non é que se trocara de normativa, o rótulo (ou como queiramos chamarlle) está mal sen máis, en galego non existe BON NADAL, hai partes en Galiza onde se emprega “bon” na fala, o que se ven a chamar “variantes dialectais”, pero na escrita non existe o Bon, a forma correcta no galego normativo é BO NADAL, outra forma seria no portugués o BON NATAL, supoño que por exemplo nalgunha caixa ou bolsa de nadal do Froiz por exemplo teríalo visto, digo o de Bon Natal, en portugués.

    Carmiña, e falando de profanos, non vaias ti a pensar que eu son unha eminencia no Galego, fago o que podo, se o queres mellorar, proba a leer moito, libros, xornais dixitais e todo iso, asi é como se mellora :)

    un saúdiño.

  3. o 2007-12-11 ás 12.24 am 3.carmiña dixo …

    Xa te leo a ti….
    ¡es broma!

  4. o 2007-12-11 ás 12.43 am 4.breogain dixo …

    jejejeje, e eu xa te teño tamén no meu “blogroll” para botar unha ollada de cando en vez.

    un saúdo.

  5. o 2007-12-19 ás 7.53 am 5.breogain dixo …

    Ola Mar:

    Primeiramente graciñas por visita-lo meu blogue e por facer o comentario ou crítica, eu non digo que haxa nada de “malo” en emprega-las “variantes dialectais” ás que ti fas mención, ao que me refiro é que o Concello de Poio é unha institución pública e como tal tense que rexir por unhas normas ortográficas que imperan hoxendia, polo tanto non son quén de empregar o que lles veña en gaña como ti e máis eu, que se queremos mandar unha postal de Nadal empregando o galego de mínimos ou de máximos podémolo facer e non pasaria nada, pero outra cousa é un organismo como o Concello, e máis un Concello nacionalista que ten que servir de exemplo de normalización do noso idioma, eu non ataco con isto ao Concello de Poio nin digo que eles ataquen ao noso idioma, somentes reclamo un pouco máis de seriedade e de compromiso, iso non é galego ILGA nin galego AGAL.

    un saúdo Mar, e volta cando queiras por aqui.

    P.D. por certo, en galego non existe (ou descoñezo a súa existencia) o termo “soemos”, case mellor substituilo por “adoitamos”, é un apuntamento nada máis.

  6. o 2007-12-20 ás 9.26 pm 6.breogain dixo …

    Ola Mar, encantado de falar contigo e de intercambiar impresións, neste caso falando da língua galega. Descoñecia que o termo “soemos” fora válido no noso idioma, máis ben imaxinaba que se trataba dun castelanismo coma outro calqueira, eu normalmente emprego a verba “adoitar” e como che conto, descoñecia a existencia de “soemos”, pois nada, graciñas polo apuntamento, tomo nota por suposto..jeje, que para iso sirve isto, para aprender e intercambiar pareceres, nada máis, recebe tamén ti un saúdo nacionalista e se gostas do blogue volta cando queiras…

    Saúdos dende Pontevedra

  7. o 2007-12-21 ás 12.21 am 7.breogain dixo …

    Ola de novo Mar, primeiramente teño que perdirche perdón porque os dous ou tres anteriores comentarios, aos que din cumprida resposta foron borrados automaticamente polo Spam-Karma, un programiña que ten Wordpress contra o spam, o correo lixo para entendernos, non sei que puido acontecer pero hai un pouco entrei a botar unha ollada e estaban borrados e non os podo recuperar, pode ser que o mail que deches fora ficticio ou algo asi, non o sei.
    Polo demais paréceme fantástico que comentes de cando en vez e botes unha ollada, como verás teño ligazóns a varios blogues de Pontevedra e de Galiza, asi como de páxinas que podes ser do teu interese á hora de informarte de calqueira cousa encol da actualidade galega, aqui estamos para o que precises.

    un saúdo patriótico para ti tamén, neste dia (que xa rematou) no que o noso hino fixo cen anos.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.