Caixón de xastre 30 maio 2007
Ata cando..?
Estouvos a falar do edificio multiusos máis reprensentativo da nosa cidade, onde xoga o Teucro Balonmán, un edificio deseñado por Alejandro de la Sota alá polo ano 1966, posteriormente sufriu unha remodelación para adoitalo aos novos tempos, pois ben, non sei se será culpa do rotulista ou cecais será cousa da ignoráncia da xente, pero hai anos e anos (governo nacionalista por medio) que cada vez que paso por diante dese edificio non podo deixar de mirar para esas inmensas letras, para esa patada ao noso idioma, seguirá asi por moito tempo...?
PAVILLÓN DOS DEPORTES…por favor !!!
chúzame -







o 2007-05-31 ás 1.51 am 1.haikeroelo dixo …
os de aqui pensamos que esta mal escrito e os de fora pensan que niste pavillon só se poden praticar “dous” deportes xD
o 2007-06-27 ás 12.40 am 2.GRANATE_87 dixo …
Eu tamén quero calefacción no soso Pavillón,que os invernos son moi duros,cando vas a ver ao teucro jejeje
saúdos
o 2007-06-27 ás 3.27 pm 3.breogain dixo …
Granate, supoño que para o ano en ASOBAL a cousa cambiará e haberá melloras no pavillón dos deportes, virán moitos equipos de primeiro nivel e o Concello e maila Deputación de Pontevedra supoño que han de querer dar boa imaxe da cidade, ou non, quén sabe.
Un saúdo