Cinema e televisión 12 decembro 2007
Rober bodegas, o humor galego ten premio.
Non sei se existirá o humor galego ou máis ben será humor feito por galegos, pero o caso é que este humorista do que vos quero falar chámase Roberto Fernández pero é coñecido por todos como Rober Bodegas, este carballés de 25 anos foi o vencedor do programa da Televisión Española chamado "El rey de la comedia", o que de por si xa é todo un mérito, posto que alomenos eu estou afeito a escoitar, que os andaluces son os que teñen a gracia e que nós, os galegos, non valemos para isto. Pois nada, parabéns ao noso "compatriota" e agardo que se pase un dia destes por algunha sala de Pontevedra para podelo ver en directo, supoño que daquela xa terá subido o caché, pero despois de ver este monólogo penso que paga a pena. Rober Bodegas ten un fotolog e unha web que inda está en construcción pola que tamén os podedes pasar a botar unha ollada.
Polo que conta no seu fotolog, gústalle a música de "Los planetas", pois xa temos dúas cousas en común, o humor e a música.







o 2007-12-12 ás 8.54 pm 1.luis dixo …
Non coñecía ao humorista, e a verdade é que non o fai mal, pero cando o oio falar pareceme escoitar a un dos meus amigos cando está de coña… Debe de ser por iso que non me parece tan chistoso! (pola costume, non porque non me faga gracia). E a verdade é que prefiro a un galego contando algo que a un andaluz, que o seu acento, as veces, é un pouco cargante, e tan só penso en que se cale… Hahaha! Pois nada, noraboas para o chaval! Un saúdo dende Inglaterra! CiaO!
o 2007-12-12 ás 9.29 pm 2.breogain dixo …
xa vés, auténtico sotaque da Coruña, o tio non o fai mal, comeza un pouco frouxo pero vai collendo interese e o monólogo resulta divertido. No que dis do sotaque dos andaluces, pois opino igual ca ti, resúltame cargante ás veces, non sei, á xente parécelles o máis divertido pero a min resúltame xa aburrido ás veces, está claro que son xente con moita gracia pero de tanto velos nas televisións acaban fartando, en troques e supoño que o teredes visto, cada dia temos máis actores e actrices galegos nas televisións estatais, por algo será, ou moi bos ou moi simpáticos, tamén pode ser que cobremos menos que cataláns, bascos ou andaluces, quén sabe.
un saúdo.
o 2007-12-13 ás 12.19 am 3.carmiña dixo …
¡¡¡¡¡Ja,ja,ja!!!! Vexo que ese levantase coma min, meu corpo leva unha hora desperto, cando mi cabeza sae do sono.
Eu tamen son fan do humor galego, gustame a retranca, son a fan “number one” de Carlos Blanco (pero horrizanme os Tonechos). Pero o mellor dos andaluces, no son os humoristas, é como se toman a vida con ledicia día a día, senllo de moi boa tinta, pois vivin en Andalucia moitos anos (mais de 15), eles viven a vida doutra maneira, iso é o que os fai especiais, non os Morancos.
o 2007-12-13 ás 2.56 pm 4.breogain dixo …
Inda temos uns cantos humoristas/monologuistas galegos que pagan a pena, estou pensando en Quico Cadaval, Carlos Blanco ou Luis Piedrahita que tamén é simpático e que segundo escoitei hai unha semana estaba rodando unha película, la “la habitación de Fermat”.
un saúdo
o 2007-12-15 ás 10.48 pm 5.pedreira dixo …
Este homiño estudaba arquitectura na Coruña, todo un fenómeno!! a verdade é que ganharlhe aos andaluces no reino das espanhas ten mérito!
Saúdos
o 2007-12-16 ás 10.43 am 6.breogain dixo …
pedreira, graciñas pola visita, paseime hai un chisco polo teu blogue de recente criazón e gustoume moito o video de youtube de Galiza, moi boa tamén a elección da música de Xenreira, un dos meus grupos galegos máis queridos dende sempre.
un saúdo e adiante !!
o 2008-01-14 ás 3.27 pm 7.breogain dixo …
polo que mirei no seu fotolog, vai actuar na Cultural de Mourente o vindeiro 26 de Xaneiro, haberá que ir a miralo
saúdos
o 2008-01-27 ás 3.37 pm 8.breogain dixo …
onte fun ao seu monólogo en Pontevedra e paseino pipa, unha hora e media sen parar de rir, estivo ben, moi ben, ademais de bo monologuista paréceme un tio sinxelo, afable e moi cercano, despois da actuación estiven falando con el uns minutos, contounos por onde estaba actuando, como era todo aquilo da televisión, de tanta xente e de aqui para alá todo o dia mentre tomabamos unha cervexa, o dito, un tio fenomenal Rober Bodegas, quiteime unha foto con el
http://www.flickr.com/photos/breogain/2222891500/
un saúdo a todos e perdoade a calidade da foto, foi sacada có móbil e ademais esquecinme de poñelo flash.