Cargando...

Internet 21 xaneiro 2008

Hamburgueseria “Ataque ao corazón”; outra de yankies.

 

Está claro que o tema dos norteamericanos e as súas "particulariedades" é un filón de ouro e nunca deixarán de sorprendeme. Pois ben, despois da primeira entrega da que dimos conta neste post hai uns meses, hoxe quérovos ensinar outra curiosidade da meca do "fast food" por excelencia. Trátase da web dunha hamburgueseria un pouco especial, o seu nome Heart attack grill non deixa lugar a dúbidas, está situada en Phoenix (Arizona) e nela poderedes desfrutar de auténticas monstruosidades coma a "Quadruple bypass burguer" ou de patacas fritidas en pura graxa!!!, non tedes máis que darvos unha voltiña pola súa web para mira-las fotos dos seus "orondos" clientes e de como desfrutan meténdose eses chutes de colesterol servidos por enfermeiras lixeiras de roupa, é máis, atrevéronse a perpetrar un dvd coa súa "dieta" e teñen un ranquing cós mellores devoradores/clientes. A hamburgueseria está aberta tódolos dias da semana de dez da mañá a oito do serán e polo que puiden ver nos videos debe de ser todo un éxito, porque está a tope de xente, logo se preguntarán o porqué de tanta obesidade infantil, pois con semellante exemplo coma este é moi normal que os rapaces e os non tan rapaces estexan inflados coma pelotas.

Agardo que non houbésedes abusado moito dos doces nestas "papadelas" de nadal, que despois veñen as lamentacións e en xaneiro todos queremos apuntarnos aos ximnasios...

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

13 comentarios a “Hamburgueseria “Ataque ao corazón”; outra de yankies.”

  1. o 2008-01-22 ás 11.21 am 1.F. Miguez dixo …

    “Están tolos, estes romanos.”
    Aquí poderíamos facer o mesmo, pero a base de cocido, churrasco e empanada. Bueno, existir xa existe, a cuestión era publicitalo :)

  2. o 2008-01-22 ás 2.55 pm 2.breogain dixo …

    non estaria mal un tele-empanada ou tele-churrasco (con criollos)….sobre todo éste ultimo para un sábado pola noite, se queres cear algo cós amigos na casa e non queres encargalo nunha churrasqueria e telo que ir buscar estaria ben, jaja.

    un saúdo

  3. o 2008-01-22 ás 4.00 pm 3.Loli66 dixo …

    jajaj!!! BREOGAIN QUE ISO XA EXISTE, NO POLÍGONO DO TAMBRE DE SANTIAGO TES UN TELECHURRASCO.
    NOM SEI DE NINGÚN TELEEMPANADA,PERO EN SANTIAGO TAMÉN TEMOS UN TELETORTILLA.
    SI É QUE XA NOM QUEDA NADA POR INVENTAR!!!
    SAÚDOS

  4. o 2008-01-23 ás 10.52 am 4.Carmen dixo …

    Estoy con gastroenteritis en cama, no puedo comer más que arroz y aquarius.. el tío de la foto me da envidia!!ñeñeñeñe…

    (He aprovechado para terminar LOS PILARES DE LA TIERRA – fascinante – y para empezar la segunda parte : UN MUNDO SIN FIN.. )

    Un besote amigo.

  5. o 2008-01-23 ás 3.14 pm 5.breogain dixo …

    Loli66 non sabia eu que habia telechurrasco…pois pouco queda logo por inventar, e en Madrid teño entendido que hai un tele-empanada, xa vés como están as cousas.

    Carmen, a recuperarse, eu estiven hai unhas semanas con gripe, unha semana enteira fatal dos ósos, da cabeza e valdado que non me podia case erguer da cama, ademais cadrou có partido da selección galega e tiven que miralo na cama…grr, que mala sorte.

    un saúdo ás dúas únicas mulleres que visitan (máis ben postean) no meu blogue :)

  6. o 2008-01-23 ás 4.24 pm 6.Loli66 dixo …

    jaja! graças polo saúdo!
    mimitos para Carmen, que se te pase pronto, eu de momento voume librando.
    por certo pasei hoxe por alí e exactamente o do pol´gono chámase churrasco exprés, pero o concepto é o mesmo, ainda que o nome dé un pouco de desconfianza a verdad é que o fan ben.
    Eu tampoco lle fago ascos a unha boa hamburguesa de vez en cando… pero xamáis num sitios deses donde che dan hamburguesas de plástico (teño pipeados un par de sitios na Rúa do vilar en Santiago, de morrer co gusto jeje!)
    bicos a todos!

  7. o 2008-01-23 ás 10.35 pm 7.breogain dixo …

    eu nunca fun moito de hamburguesas, cando tiña 16 ou 18 anos si tomaba algunha, exactamente no Ñan Burguer ou no Bum Burguer (máis neste último) non estaban mal e non eran moi caras, aqui en Pontevedra non temos Burguer King nin McDonald’s por sorte, pero iso é polo momento, xa hai proxectado algo, có tempo paseine ao que todo o mundo, bocatas tremendos de todo tipo, e para iso hai un líder en Pontevedra, a bocateria “Tris”, impresionante sempre cós seus bocatas, unha pasada.

    saúdos !!

  8. o 2008-01-24 ás 6.18 pm 8.Loli66 dixo …

    A coñezo! xa teño tomado algún bocata alí, pero iso en días de moita presa, normalmente si podo prefiro tomar un platiño de comida quente e sentadiña, sen presas.
    teño que te invitar a tomat unha boa hamburguesa caseira, xa verás coma ainda que nom sexa todolos días, de vez en cando si que che vai a apetecer tomala jeje!

  9. o 2008-01-24 ás 9.16 pm 9.breogain dixo …

    jaja, xa fago eu algunha na casa cando teño tempo, normalmente un sábado pola noite, pero de carne de “casa”, con pataquiñas fritidas e tal….unha hamburguesa completa, ben completa, e como non unha boa cervexa, supoño que terás visto algún dos post que fago das cervexas, é de lonxe a miña bebida preferida.

    un saúdo

  10. o 2008-01-27 ás 2.03 am 10.Loli66 dixo …

    puag! o sinto, nom son capaz de tomala, nom soporto o sabor, gostanme algún viños,os albariños e os mencías, pero a cervexa nom son capaz, sen embargo gostame cociñar con ela
    ;-)

  11. o 2008-01-27 ás 11.08 am 11.breogain dixo …

    pois xa me dirás senón é raro, a comida cociñada con cervexa supoño que sempre levará algo de sabor á cervexa, de tódalas maneiras sonche gustos, a min dende hai moitos anos é a miña bebida preferida, despois do bitter kas claramente, os colegas sempre me din que son a única persoa que viron tomando esta bebida algunha vez (refírome ao bitter), encántame o seu sabor amargo. E polo de albariños e mencias, pois tamén estou contigo, hainos moi bos, eu non son moito de viños, pero se debo de elexir algunha marca, normalmente de albariño Martin Codax e de mencia pois Rectoral de Amandi.

    un saúdo Loli66

  12. o 2008-01-28 ás 12.54 pm 12.Loli66 dixo …

    liches o correo gallego edición dixital? o reperatidor de tele tortilla tivo un percance automovilistico!
    bitter kas! se nom che gosta é que os probado pouco!
    qué recordos! hay anos que nom o tomo! ainda existe! eu era a única que o tomaba! jaja!
    en viños tes que probar o Joaquín Rebolledo, tanto tinto coma blanco e despois me contas, nom son ningunha entendida e viños, pero os disfruto
    el Rectoral de Amandi acompañado de unha tabla de queixo ben surtida é un dos millores placeres desta vida!
    no meu Space de hotmail, fago unha referencia a unhas setas preparadas con un bo Albariño (Martin Codax, cadrou que tiña unha botella escomenzada)e despois disfrutadas na mesa con unha copa do mesmo…placeres de la vida.ademáis escomenzaba unha nova etapa de independencia nese momento, e foi coma unha celebración, o millor por iso me souberon tan ben!
    parece que me empipo de viño e a verdade é que isto pode pasar unha vez o mes coma moito!
    ;-)

  13. o 2008-01-28 ás 3.30 pm 13.breogain dixo …

    ok, xa me estás logo enviando cando poidas esa receita de setas con martin codax, ben explicadiña como vai e se podes acompañala dunha foto do prato rematado mellor que mellor, estaria ben facer un post sobre un prato caseiro desa índole….jaja.

    un saúdo loli66

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.