Cinema e televisión 22 Decembro 2007
“Fronteiras”, un documental nos límites da identidade galega.
Pode que algún de vós ainda non coñeza a existencia desta reportaxe-documental, (eu entereime hai tempo grazas ao blog de Anxélica), un video que trata sobre o conflicto lingüistico e cultural entre Galiza e Asturies ou Galiza e León, -porque éste existe-, estamos falando da franxa do Eo-Navia e tamén do Bierzo, das fronteiras galegas, zonas con moitas semellanzas ao noso territorio, tanto en costumes, coma na paisaxe ou no idioma. Este documental foi proxectado por primeira vez na Televisión Galega o dia 25 de Xullo deste ano, o dia da Pátria galega foi o elexido para mostrarlle a moitos galegos e galegas algo que poida que inda descoñezan, que os limites do noso idioma e da nosa cultura non son os estrictamente xeográficos ou os que marcan os políticos, dende logo chama a atención escoitar a un veciño dunha aldea de Zamora, nega-la evidencia dunha cultura semellante á nosa falándonos no noso idioma e cun sotaque totalmente galego, eu hai anos que o puiden comprobar tamén en varias viaxes ao Bierzo, unha provincia de León na que non me sentín para nada alleo á miña terra, e na que puiden falar en galego coa xente con total normalidade, mesmo na cidade de Ponferrada.
Aqui vos deixo un pequeno trailer de cinco minutos para que vaiades abrindo boca, se queredes velo enteiro pois pinchade aqui, o documental é de Rubén Pardiñas e nel podedes ver entre outros a Xosé L. Mendez Ferrin, a Bieito Romero, a xente da Real Academia Galega ou da ALLA (Academia da Llingua Asturiana), tamén tedes máis información no blog de fronteiras.
chuzame -







o 2007-12-22 ás 11.35 am 1.Andrés Milleiro dixo …
Sempre ando en discusións cós asturiáns e leoneses en Salamanca cando ven o mapa da Galiza que tenho na habitación…o famoso que trae a Ponferrada e ao Eo-Navia dentro do país..pero en fin
o 2007-12-23 ás 12.24 pm 2.breogain dixo …
O documental está realmente moi ben e mostra con total veracidade a realidade que moitos galegos e galegas ao mellor descoñecen, eu penso que o galego que se fala nesas zonas deberiamos defendelo, tanto dende instancias políticas como culturais, mellorando a cobertura da radio e televisión autonómicas, impartindo o galego nos colexios daquelas zonas galegofalantes e dándolles todo tipo de facilidades a estes veciños que inda que viven fóra do territorio galego fan moitas das súas cousas cotiás no territorio galego, coma ir ao médico.
Agora tamén me ven á memoria o Condado de Trebiño/Treviño, outro territorio entre dúas comuniadades, non sei se o coñecedes.
un saúdo