Cargando...

O mundo da cervexa 9 Xaneiro 2008

Amsterdam beers, consumir con extremada precaución !!

Amsterdam beers

Pois continuando cunha nova entrega do mundo da cervexa, por mediación de Santiago, un bo amigo, acaba de chegar ás miñas mans unha marca holandesa que descoñecia totalmente, chámase Amsterdam e ven presentada en tres variedades, a "Explorator" de 6.8 %, a "Navigator" de 8.4 % e a "Maximator" de 11.6 %, como vedes, as tres teñen unha graduación de alcool moi importante, todo un desafio para os grandes bebedores/degustadores de cervexa, veñen presentadas en formato de lata de 500 mililitros e etiquetadas como forte, extra-forte e super-forte. A empresa que as produce é a Royal Grolsch Brewery e a súa marca comercial é a "Amsterdam Speciality Beers", podedes botarlle unha ollada á súa web se queredes, polo de agora penso que non se comercializan no mercado español e ademais teño as miñas dúbidas se a cervexa chegaria a ter éxito, posto que son demasiado fortes para o gusto tradicional que temos aqui, máis acostumados a cervexas pilsen máis suaves, con dicir que no meu caso unha Judas paréceme forte dabondo xa vos digo todo, imaxinádevos entón unha destas, probareinas en canto despache as tres que viñeron da República Checa e que das que xa vos falei nun post hai un tempo.

Saúde !!

Chuzame! chuzame -

5 comentarios a “Amsterdam beers, consumir con extremada precaución !!”

  1. o 2008-01-09 ás 1.57 pm 1.deisler dixo …

    Pues ya nos contarás que tal están, yo no conocía esta marca hasta que la acabo de ver aquí…

    Que las disfrutes, un saludo !

  2. o 2008-01-09 ás 4.15 pm 2.Andrés Milleiro dixo …

    Jajajajaja, boa idea a de poñer na imaxe o título do blogue por se o copian :D

    Pois…eu a abrirei este Venres para celebrar que chegou a fin de semana, xa te direi que tal anda a Amsterdam :)

  3. o 2008-01-09 ás 9.28 pm 3.breogain dixo …

    pois nada, desfruta desa amsterdam Navigator de 8.4º por xentileza de “A ponte vella”….jajaja, por certo, as pintas de guinness que tomamos na cervexeria “El mariscal” a noite de Reis tampouco estaban nada mal non..? e acompañadas daquela tapa de callos !!!

    xa me dirás que tal Andrés :)

    P.D. estou pensando en incluir no apartado de “O mundo da cervexa” un percorrido polas cervexerias de Pontevedra :)

  4. o 2008-01-10 ás 11.02 pm 4.carmiña dixo …

    Eu animoche a que fagas ese recorrido polas cerve
    xerias de Pontevedra, e igual atoupo un sitio novo onde ir, porque unha entre que non sae moito e que é un animal de constumes sempre vou aos mesmos sitios.

    Poderiase facer mellor un listaxe dos bares onde ponen a mellor tapa coa cervexa, una costume que está en perigo de extinción, a xulgar polas patatillas (perdón patatiñas) e os “manises” que lle voutan de compaña. E nos queixaremos que a lo menos lle botan algo.

  5. o 2008-01-11 ás 3.39 pm 5.breogain dixo …

    Haberá logo que facer unha “tourné” polas mellores cervexerias de Pontevedra, o problema é o tempo, que dispoño de pouco e como ti comentas, tamén saio máis ben pouco, pero a noite de Reis estiven con Andrés Milleiro na cervexeria “O Mariscal”, perto do Galicia Palace, estivemos tomando unhas pintas de Guinness e puxéronnos primeiros uns “panchitos” e logo unha tapa de callos..jajaja, non estivo mal.

    Pois xa que me das a idea, dentro do apartado do “Mundo da cervexa” porei algunha cervexeria que visite para recomendala, xa teño unha en mente, en breve falarei dela.

    un saúdo.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.