Cargando...

O mundo da cervexa 15 Decembro 2007

O mundo da cervexa.

Con este suxerente título quero abrir un novo apartado/espazo no meu blogue para todos aqueles comentarios, opinións ou novas interesantes que vaian aparecendo e que xiren encol do mundo desta bebida, a cervexa en tódalas súas variantes. Dende hai anos e anos que o destilado de cebada é a miña bebida preferida, exercitando a memoria, penso que a primeira cervexa que probei na miña vida foi unha Skol, tomeina un verán de sol abafante despois de traballar duro có meu avó sachando patacas, daquela eu case non coñecia ningunha marca, pareceume amarga e lembro que nin tan sequera estaba fria, pasei un tempo sen voltar a probala posto que a primeira impresión non fora moi alá, a segunda vez que o tentei foi un par de meses despois, nin tan sequera me lembro que idade tiña, do que si é que daquela xa foi unha Estrella Galicia a elexida, e que pasou a se-la miña "pilsen" preferida, teño algunha favorita máis como a Tennent's stout e a Guinness, pero esas xa teñen outra historia.

 Por certo, cal é a vosa birra preferida?

Chuzame! chuzame -

8 comentarios a “O mundo da cervexa.”

  1. o 2007-12-15 ás 5.04 pm 1.Andrés Milleiro dixo …

    Para cando a birra froiz…

    A miña a Guinness, sen dúbida

  2. o 2007-12-15 ás 8.51 pm 2.Brugal con Cola dixo …

    Paulaner, sin duda!!

    Lo de cerveza froiz es interesante, si la hay carrefour o del dia, por qué no carrefour??

    Saludos

  3. o 2007-12-15 ás 10.47 pm 3.pedreira dixo …

    A do Dia% é a milhor!! apúntome cando veja unha nova sobre birras informaremos rápidamente!
    Saúdos :)

  4. o 2007-12-16 ás 10.47 am 4.breogain dixo …

    pois as miñas están claras, ademais da nosa “loira” máis internacional, a tennent’s stout, a guinness, e nun terceiro chanzo do podio estaria a douglas, murphys ou pilsner urkell, a paulaner inda non a probei.

    saúdos !!

  5. o 2007-12-16 ás 3.16 pm 5.deisler dixo …

    Para mi el primer puesto del podio es innegociable por motivos obvios (Estrella forever !),aunque una buena pinta de Guinness también tira mucho…la verdad es que es complicado decidirse :P

    Tambien se podía aprovechar para comentar qué cervezas gustan menos…en mi ranking destacarían dos que no acabo de pillarles el punto…la Cruzcampo,que nunca entenderé como triunfa tanto de Despeñaperros para abajo, y la SuperBock ,tan extendida últimamente por Pontevedra a mi pesar…cada vez es más complicado encontrar sitios con Estrella…

    Saludos !

  6. o 2007-12-16 ás 3.38 pm 6.breogain dixo …

    deisler, no te falta razón, la Superbock asi como la otra marca portuguesa, la Sagres se están extendiendo mucho por las Rias Baixas de un par de años a esta parte, sobre todo la primera y la verdad, supongo que será por los turistas portugueses que la piden y porque la misma marca quiere captar cuota de mercado en la hosteleria gallega, porque de otra manera no me explico como puede haber tanta, que llegue a hacerle competencia a la Estrella Galicia lo dudo, mucho tendria que crecer, pero de todas maneras, un superbock de limón no está nada mal. La cruzcampo la probé una vez y no gusta nada, sólo la Shandy, pero eso ya es hablar de un refresco más que de cerveza propiamente dicha.

    un saludo :)

  7. o 2007-12-16 ás 4.47 pm 7.Chicho dixo …

    Para min sen dúbida algunha a Estrela Galiza,especialmente antes de ir a Pasarón os domingos.

    sdos a toda a afición granate

    CHICHO

  8. o 2007-12-17 ás 12.06 am 8.breogain dixo …

    Chicho, iso é innegable, unha estrella na Pallota antes do partido non pode faltar nunca…jajaja.

    un saúdo.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.