Cargando...

Caixón de xastre 24 decembro 2007

Desfrutade das festas !!!

Pouco vos podo dicir nun dia coma hoxe que non haxades escoitado ou lido xa, persoalmente este Nadal paréceme un pouco raro, non sei, pode que sexa a crise económica, inda que non o recoñeceran abertamente, pero dame a impresión de que este ano a xente non está tan implicada nestas festas coma anos anteriores, non se olla pola rúa o ambiente doutras ocasións, non hai esa ledicia e ese "bo rollo" que houbo noutrora, pode que sexa o petróleo polas nubes, o Euribor no seu ponto máis alto en anos ou cecais que este inverno non pareza un inverno, non chove apenas, o frio chegou hai un par de dias e non vin a neve por ningures. No meu caso o nadal é unha época de traballo, case diria que a de máis traballo de todo o ano e non desfruto dela coma fan os amigos, pero por iso non deixan de ser uns dias que agardo con impaciencia e non por motivos estrictamente relixiosos, senón por compartir estes dias coa familia, porque se algo témolos galegos moi presente é á nosa familia, e non hai nada mellor que xuntarse de cando en vez a rifar cós pais ou os avós diante dunhas cigaliñas e unha copa de albariño, porque xa sei que estas ceas e estas xuntanzas familiares poida que sexan un tostón para algúns, pero non está mal de cando en vez compartir mesa e mantel coa xente que ao mellor non ves en todo o resto do ano.

Polo tanto, vaia dende aqui a miña sinceira felicitación de Nadal, para todos e todas os que vos pasades por aqui a leer de cando en vez o que se me ocorre escribir, agardo que pasedes uns bos dias de festa na compaña de toda a vosa xente e que sigamos falando, discutindo e comentando cousas no vindeiro ano có mesmo humor de sempre.

 Unha aperta a todos e todas, bo Nadal 2007 !!! :)

Chuzame! chúzame -

7 comentarios a “Desfrutade das festas !!!”

  1. o 2007-12-25 ás 5.50 pm 1.Jorge cubela dixo …

    Voute por un enlace no meu Blog, ;)

  2. o 2007-12-25 ás 7.55 pm 2.Anxélica dixo …

    Bo Nadal para ti tamén! Unha aperta.

  3. o 2007-12-26 ás 3.52 pm 3.Nando dixo …

    Felices Festas, e felicito o creador deste blog, Justamé

  4. o 2007-12-26 ás 10.18 pm 4.Brugal con Cola dixo …

    Feliz Navidad y Próspero año nuevo!!

    jeje

  5. o 2007-12-26 ás 11.10 pm 5.carmiña dixo …

    Un pouco tarde, pero Bo Nadal e Feliz Aninovo

  6. o 2007-12-27 ás 12.09 am 6.deisler dixo …

    Felices fiestas a tod@s !

  7. o 2007-12-27 ás 3.13 pm 7.breogain dixo …

    Graciñas a todos, eu estes dias de Nadal ando un pouco perxudicado coa gripe como moita xente, debe de haber un andazo importante este ano porque hai moitísima xente afectada, ademais pega forte porque estou valdado, tanto que hoxe non poderei ir ao partido da selección galega, cousa que me fastidia sobremaneira, pero en fin, o primeiro é a saúde.

    saúdos a todos e todas, bo nadal :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.