Actualidade 29 Decembro 2007
Yondelis, un fármaco anti-tumoral galego.
Levo seguindo o tema do Yondelis dende hai xa moitos anos, e teño que dicir que non me colleu de sorpresa, para os que non saibades do que vos falo, direivos que Yondelis é o nome de un fármaco anti-tumoral desenrolado por Pharmamar, unha filial da empresa farmacéutica galega Zeltia, pode que o nome desta empresa non vos diga nada, pero se falo de Zelnova que é a súa división de productos domésticos tales como "ZZ" ou o "baldosín", ou de Xylazel, que traballa vernices e pinturas, seguro que xa saberedes de quén estamos a falar. Hai anos que Zeltia centrou as súas investigacións nas algas mariñas ante a incredulidade de moitos, no ano 1996 comezáronse a facer probas có ET-743, un medicamento que logo pasaria a ser coñecido como Yondelis, pero non foi ata 11 anos despois cando a farmacéutica galega acadou o permiso para podelo comercializar en Europa, nos EE.UU. a multinacional coñecida por todos Johnson&Johnson, xa mercara os dereitos de venda do fármaco a finais do ano pasado (iso é visión de mercado). O obxectivo do Yondelis é o tratamento do sarcoma de tecidos brandos, un tumor canceríxeno que aparece como o seu propio nome o indica nos tecidos brandos coma os músculos, tendóns ou nervios. Sairá á venda a partires do vindeiro 3 de xaneiro a un prezo aproximado duns 5000 euros, custo que será sufragado pola Seguridade Social.
Agora que o Yondelis sairá ao mercado, lémbrome dos moitos atrancos que tivo que superar Zeltia para proseguir coas súas investigacións e sacar adiante este produto, no ano 1996 cando comezaban coas probas do Yondelis nos EE.UU. cotizaban no selectivo Ibex 35 e eu tiña accións deles, deron un importante subidón cando as cousas comezaron a ir ben e eu aproveitei o tirón, logo foron relegados ao IBEX NM (nuevo mercado) onde levan tempo sen pena nin gloria, hai un par
de anos atravesaron dificultades económicas importantes, nas que tiveron que desfacerse de propiedades inmobiliarias en Madrid para facer fronte aos gastos derivados das investigacións, porque está claro, nesta economia capitalista senón hai venda do produto non hai beneficio, e non son moitos os que se atreven a investir senón ven claros os resultados. O último momento negro que tivo que superar Zeltia foi no ano 2003, a Emea (Axencia europea do medicamento), a mesma que agora aprobou a comercialización do Yondelis, rexeitara a comercialización deste medicamento xusto no intre no que faltaban varios votantes na sala, o que supuxo outro duro golpe para as esperanzas da empresa e un baixón dun 25% na bolsa.
Considero a Zeltia coma un símbolo da constancia e do traballo, que sexa galega é secundario, o máis importante é que levan 20 anos traballando por acadar unha meta, superando todo tipo de atrancos para chegar a un obxectivo tan marabilloso como é o de conseguir un fármaco que poida salvar vidas.
chuzame -






