Caixón de xastre 31 decembro 2007
Facendo balanzo do blogue; reflexións, agradecementos e autobombo.
Non quixera ser como eses malos artistas, que cando do seu maxín xa non saen ideas nin temas sobre os que escribir, sacan un disco recopilatorio inda que so leven dous discos no mercado, éste non é o caso, máis ben sentinme na obriga comigo mesmo de facer balanzo do que me aportou persoalmente o feito de ter un blogue dende hai sete meses.
Comecei aló polo mes de maio e como ben daba conta no meu primeiro post, facíao con toda a ilusión dun neno pequeno, sempre me gustou escribir, hai anos e anos, cando era estudante, adoitaba escribir aos xornais de Pontevedra para opinar de aspectos ou cousas da miña cidade que se podian mellorar ou directamente de cousas que se facian mal e habia que amañar, aqueles eran tempos dos governos de Cobián e de Pedrosa, de Rivas Fontán non me lembro xa demasiado. Neste proxecto comecei publicando cunha asiduidade inaudita, case que diariamente posteaba algunha noticia sobre Pontevedra, pero supoño que os que levades tempo pasándovos por aqui, xa vos dariades conta que o ritmo foi decrecendo un pouco e que a temática, que antes pasaba por ser exclusivamente sobre a miña cidade, tamén foi mudando un pouco e agora falo case de todo, con especial preferencia sobre Pontevedra, pero dándolle tamén especial importancia aos meus gustos e ás miñas aficións, que para iso é un blogue, para que cada un escriba o que lle pete, o idioma da escrita é preferentemente en galego, inda que de cando en vez escriba algo en castelán, pero có galego síntome máis a gusto ao escribir. Na miña opinión o principal atranco que ten un blogue é sacar tempo de onde sexa para podelo manter, a dia de hoxe eu teño ese tempo, pero máis adiante quén sabe, a vida da moitas voltas, pero tentarei estar aqui alomenos un tempo máis.
O blogue serviume para coñecer a moita xente, algunha con blogue e outra non, algunha de Pontevedra e outra de calqueira parte, nestes meses que levo na rede fixemos un pequeno "blogomillo pontevedrés" entre uns cantos, quixera destacar ao meu mentor Andrés Milleiro, un gran amigo, un mellor informático e un granate convencido, tamén aprendín
moito de Manuls e o seu blogue "Atún,tun,tun", rinme có blogue de "Diario de un suevo", tiven as miñas discusións sobre política local no blogue de César Abal, informeime sobre Pontevedra no blogue de "Beber para olvidar", (éste si que é o Diario dixital e non o outro) e estiven ao tanto das historias dende Inglaterra no blogue de "Radio macuto". Sei que algún me pode quedar no tinteiro, e refírome a Contacontos, Apunta para non o esquecer, Apuntes en sucio, ou o blog de Anxélica, coa que falo de cinema e de series de cando en vez, en fin, son moitos os que visito en canto podo, pero estariamos aqui dias e hoxe tedes que botar unha man na casa a prepara-la cea de fin de ano, asi que non me vou liar máis.
Dicir para rematar que agradézovos a todos as vosas visitas, os vosos comentarios e o estar ahí dia a dia para que falemos, comentemos e desfrutemos desta ferramenta marabillosa que é o blogue e a rede de internet, como ben di Xurxo Souto no seu programa de música galega "Aberto por reformas", [...navegamos nun océano de mil ribeiras], pois eu xa descubrin unhas cantas, e teño toda a vida por diante para chegar a moitas máis.
Por certo, e a modo de anécdota, comentar que na listaxe que fai Blogaliza dos 4509 (actualmente) blogues escritos en galego en toda a rede, o chamado "blogomillo", estou a dia de hoxe no meritorio posto número 128, o que considero que non está mal para un blogue con menos dun ano de vida, na listaxe de Blogaliza, os blogues en galego pero que residen no seu servidor estou no posto número 7, o que todavia está mellor
Un saúdos e graciñas a todos/todas.
chúzame -







o 2007-12-31 ás 10.32 am 1.Andrés Milleiro dixo …
Parabéns, e que sexan moitos máis
o 2007-12-31 ás 11.26 am 2.Brugal con Cola dixo …
Feliz Año!!
o 2007-12-31 ás 11.47 am 3.Luis dixo …
Non quería deixar escapar a oportunidade de desexarte un feliz ano! Segue escribindo como até agora! Aínda que non deixe comentarios en todas as túas entradas sigo asiduamente o teu blog! Un saúdo!
o 2007-12-31 ás 1.54 pm 4.deisler dixo …
Pues yo también aprovecho el último comentario del año para darte la enhorabuena por el blog y desear que el 2008 sea un gran año para tod@s !
o 2007-12-31 ás 2.36 pm 5.Suevo dixo …
Feliz ano breogain e a seguir ascendendo por ese ranking do blogomillo que o mereces
o 2008-01-01 ás 6.25 pm 6.Sísar dixo …
Graciñas por acordarte de min, Feliz 2008 e segue así. Unha aperta.
o 2008-01-02 ás 9.17 pm 7.breogain dixo …
Pois graciñas a todos por estar ahí dia tras dia, eu estes dias ando un pouco “umpluggued” porque estou cun gripazo tremendo e levo varios dias atontado, con febre e tamén cun trancazo tremendo, pero parece que a cousa vai pouco a pouco voltando á normalidade, asi que aqui estaremos de novo nuns dias para comenzar con forzas renovadas este ano 2008 que acaba de comezar.
Un saúdo a todos e todas, feliz ano 2008 !!
o 2008-01-02 ás 11.36 pm 8.carmiña dixo …
Como sempre chego un pouco tarde, pero desexote un Feliz Aninovo e que os peores dias do 2008 sexan como os mellores do 2007, sempre para mellor, e que continues ilustrándonos con tus posts. Eu, anque no comente tanto como debiera, non esquezo leerte de cando en vez, aunque só sexa para mellorar meu “maltrecho” galego (non sei como se pon maltrecho en galego, pero encantame esa palabra). ¿é maltreito? ¿non verdade?
Saudiños e reponte da gripe,….
o 2008-01-03 ás 6.12 pm 9.F. Miguez dixo …
Os agradecidos temos que serlle nos, porque sempre resulta agradable ter un veciño como vostede nesta parroquia.
¡Un saúdo!
o 2008-01-03 ás 11.20 pm 10.breogain dixo …
non se merecen….
o 2008-01-10 ás 5.07 pm 11.M. dixo …
Parabéns e feliz ano a ti tamén, Breogain. Desculpa o retraso en pasar pola túa páxina. Veño dunha forte gripe. Unha aperta.
o 2008-01-10 ás 9.47 pm 12.breogain dixo …
“M” nin máis nin menos que coma todos na nosa cidade, eu tamén tiven a gripe e nos peores dias, do dia de noiteboa ate case o dia de reis….pero xa estamos recuperados, no teu caso xa o temia posto que levabas uns cantos dias sen escribir no blogue.
un saúdo para ti tamén, feliz ano (con retraso)